Hold Nickar, aínda que sexa relacionado por algúns con Nickar (nikr ou nicor, un demo escandinavo das augas), parece ser, na verdade, unha forma corrompida de Hjaldr Hnikar, un dos títulos do deus teutónico Odín e que significa «Incitador de Batallas». O Odín «Hjaldr Hnikar» causaba destrución a través de tempestades no océano. Tanto o Nickar canto Odín son representados como vellos con cabelos e barba agrisados, aínda que o demo Nickar tamén poida asumir a aparencia dun neno con pernas de cabalo.[1]

Ilustración dun conto folclórico escandinavo representando Papá Noel (ou, máis probablemente o personaxe Nisse ou Tomte, hoxe asociado a el) montado nun bode.

Hold Nickar pode ser aínda a orixe do nome «Old Nick», un sinónimo para «diaño» en lingua inglesa.[2]

Fungos, cabras e renos voadores editar

Segundo as lendas, Hold Nickar cruzaba os aires o mes de decembro durante o solsticio de inverno, distribuíndo bendicións para os seus adoradores. En varios mitos escandinavos (Julbock, Jultomten e Joulupukki), o deus/espírito do mes de decembro afacía viaxar polos seus dominios montado nun carneiro, mentres que entre os teutónicos, os bodes eran animais sagrados do deus Thor, que posuía unha carroza alada estirada por dous carneiros, Lóstrego e Trono.[1]

A sensación de estar voando pode xurdir durante un transo psicodélico inducido por fungos, tales como o Amanita muscaria. O consumo de tales fungos era común entre pobos da Antigüidade, incluíndo os saamis da moderna Finlandia e as tribos Koyak das estepas rusas. Como noutros vexetais, que pasaron a ser consumidos polos humanos despois da observación do seu efecto sobre animais, o comportamento dos renos despois da inxestión dos fungos non pasou desapercibida e induciu ao seu consumo. Como os ingredientes activos do fungo non son metabolizados polo organismo, sendo eliminados polo ouriños, o consumo do ouriños alleo (inclusive dos renos) fíxose un hábito destas tribos semi-nómades, sexa en cerimonias relixiosas, sexa como unha forma de embriaguez que precedeu en miles de anos o consumo do alcohol. Os xamáns que collían tales fungos, afacían regalalos aos membros da tribo xogándoos pola apertura da cheminea existente no centro das tendas (e que, ás veces, servía como entrada alternativa).[3]

Varios destes símbolos pagáns, como se pode aprender, foron apropiados polo cristianismo e, ao longo dun proceso que durou varios séculos, atribuídos a outro personaxe, Nicolás de Bari, un bispo que supostamente viviría na rexión da actual Turquía no século IV. Nicolao de Bari, finalmente, foi suplantado pola imaxe do moderno Santa Claus (ou Papá Noel), o cal, malia a súa vinculación aos comerciais da Coca-Cola, aínda mantén a aparencia, hábitos, manierismos e acompañantes dos vellos xamáns colledores de fungos.[3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Santa Claus is Coming to Town". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2008. Consultado o 04 de outubro de 2008. 
  2. "Just Who Is Santa Claus?". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2008. Consultado o 04 de outubro de 2008. 
  3. 3,0 3,1 The Influence of Fly Agaric on the Iconography of Father Christmas
  4. "Ho Ho Hold on a Minute! This Isn't the North Pole! Finding St. Nick in the Strangest Places!". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2008. Consultado o 04 de outubro de 2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar