Holaspis

Holaspis laevis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida (Réptiles)
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Tribo: Eremiadini
Xénero: Holaspis
Gray, 1863
Especies
Véxase o texto

Holaspis é un xénero de lagartos africanos ecuatoriais da familia dos lacértidos. Unha característica peculiar é que pode facer voos planados dunha árbore a outra.

Etimoloxías editar

O termo do latín científico Holaspis procede das raíces gregas "aspis", ἀσπίς (= escudo redondo) e "holos", ὅλος, ὅλως (= todo, completo). Fai referencia ás escamas da cabeza nas que as escamas frontoparietal e occipital están totalmente fusionadas.

H. guentheri recibe ese nome por Albert Günther (1830-1914), un zoólogo do Museo Británico nado en Alemaña. H. laevis procede do latín laevis, que significa "suave".

Nota editar

Cómpre dicir que "holaspis" é tamén o nome que se lle dá a unha fase larvaria dos trilobites, coa que non se debe confundir.

Taxonomía editar

Fixéronse estudos para ver a relación deste xénero con outros lacértidos. En análises de compatibilidade e parsimoria baseada na morfoloxía Arnold (1989) recoñeceu un clado chamado o "grupo africano ecuatorial" incluíndo nel a Adolfus, Gastropholis, e Holaspis. En todos os lacértidos deste clado o forame parietal está sempre ausente, a escama parietal esténdese ata o bordo da táboa parietal e só hai unha escama posnasal.

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1863 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray,[1]

Especies editar

Recoñécense dúas especies no xénero Holaspis.[1]

Nota taxonómica editar

Anteriormente H. laevis era considerado unha subespecie de H. guentheri.[2][3]

Distribución editar

As dúas especies do xénero teñen áreas de distribución separadas:

Características editar

 
Holaspis laevis Werner, 1895
 
Holaspis guentheri Gray, 1863
 
Pé de Holaspis guentheri

A cabeza e corpo de Holaspis están moi aplanados, as escamas frontoparietais e occipitais están totalmente fusionadas formando escudos, a cola é aplanada con bordos laterais de escamas e o terceiro e cuarto dedo do pé anterior están fusionados en case toda a súa articulación. Ten dúas ringleiras de escamas como bandas anchas lisas baixo a liña vertebral nas costas e na cola. As escamas ventrais son lisas. O colar está composto por de 9 a 15 pequenas escamas. Presenta de 16 a 24 poros femorais, máis desenvolvidos nos machos. A lonxitude máxima total en ambas as especies do xénero é de 129 mm, a lonxitude fociño-ano máxima é 53 mm e nesta medida non hai dimorfismo sexual. Pero os machos teñen cabezas máis grandes e a súa base da cola é máis ancha.[2][9][10]

Dorsalmente a cor de fondo é negra. Na cabeza desde a punta do fociño á caluga hai unha liña media amarela ou amarelo verdosa. A cada lado das costas fóra das grandes dorsais corre unha raia lonxitudinal turquesa ou azul celeste que se fusionan na base da cola. Desde alí continúase como unha liña azul clara parcialmente interrompida na punta da cola. O patrón dos flancos difire nas dúas especies: En H. guentheri nos flancos hai dúas liñas de marrón amarelado a marrón cincento, mentres que en H. laevis hai só unha liña máis ancha de marrón amarelado a marrón avermellado ou beige desde a punta do fociño á pata posterior. As anchas escamas da cola nos lados son de cor amarela a laranxa.[10]

O número de liñas escuras ou claras é practicamente a única diferenza morfolóxica externa entre as dúas especies. Segundo Arnold (1989): H. guentheri: "Unha liña vertebral escura no corpo e tres liñas escuras a cada lado". H. laevis: "Unha liña vertebral escura e dúas liñas escuras a cada lado".

Ventralmente estes lagartos son de amarelos ou laranxas a laranxas verdosos, parcialmente cun brillo anacarado. Os machos adoitan ter cores máis brillantes. Os individuos xuvenís lembran os seus proxenitores pero as liñas dorsais coloreadas son máis estreitas e menos intensamente coloreadas. Ventralmente os xuvenís son negros en contraste cos adultos.[10]

Hábitat e historia natural editar

Os Holaspis son lacértidos diúrnos, arbóreos, extremadamente áxiles e poden moverse en vertical e en superficies que sobresaen co corpo e a cola moi apertados contra a superficie. Viven en grandes árbores polo menos a 15 m sobre o chan do bosque en bosques primarios, áreas influenciadas polo ser humano e mesmo en bosques de eucaliptos de codia lisa, pero non se encontran en bosques pechados. A cola aserrada que teñen é considerada unha adaptación adicional a gabear para incrementar o agarre.[4][5][10][11]

Son cazadores activos de pequenos insectos e outros artrópodos, como formigas, saltóns e arañas, e a miúdo inspeccionan as gretas onde estes se poden encontrar.[4][10]

Son os únicos lacértidos que poden facer un voo planado botándose dunha árbore a outra en distancias de ata 30 m. Porén, as especies de Holaspis están menos especializadas para o voo que as especies de agámidos do xénero Draco ou os xecónidos do xénero Ptychozoon por exemplo. As adaptacións para planar de Holaspis son o seu corpo e cola aplanado, os dedos fusionados e a súa baixa masa corporal. Os seus ósos teñen moitos espazos cheos de aire, o que fai que o esqueleto sexa moi lixeiro para planar.[5][10][12][13][14][15][16]

Non se sabe moito da súa reprodución na natureza. Producen máis dunha posta por ano. As femias poñen dous ovos baixo a codia de árbore solta ou baixo follas caídas.[5][11][17]

Mantemento en vivarios editar

As especies de Holaspis ocasionalmente téñense en casa como mascotas. Holaspis guentheri e H. laevis son con frecuencia confundidos entre si no comercio de mascotas ou denominados en xeral H. guentheri, porque H. laevis era anteriormente só unha subespecie de H. guentheri. Porén, case todos os Holaspis comercializados son H. laevis. A crianza en catividade serviu para obter máis información sobre a bioloxía de Holaspis.[2][10][18][19]

Un dos aspectos dos que se obtiveron datos en catividade foi a reprodución. No "Acuario de Colonia" unha femia de H. laevis procedente de Tanzania puxo un ou dous ovos varias veces o 14 de novembro, 22 de decembro, 24 de febreiro e 5 de abril. Só un dos ovos chegou a eclosionar despois de 54 días de incubación.[20] A incubación de ovos foi máis exitosa noutros casos. Femias de H. laevis puxeron ovos baixo a codia de árbores. A posta case sempre foi de dous ovos, raramente un, posto por femias novas. Facían postas cada catro ou seis semanas durante o ano. O tamaño do ovo era de 6,0 a 7.2 mm x de 11,3 a 12.9 mm e a súa masa de entre 0,30 e 0,38 g. A 29 °C o tempo de incubación foi de 55 a 57 días. As crías medían de 21 a 24 mm de lonxitude fociño-ano, mentres que a lonxitude da cola era de 30 a 35 mm, e tiñan unha masa de entre 0,23 e 0,25 g. En catividade a madureza sexual acádana entre os 1,5 e 2 anos.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Holaspis Gray, 1863 no GBIF.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Kroniger 2004
  3. http://www.lacerta.de/AS/Taxon.php?Genus=52
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Arnold 1989
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Spawls et al. 2002
  6. Chirio & Ineich 2006
  7. Hoinsoude Segniagbeto et al. 2015
  8. LeBreton 1999
  9. Boulenger 1921
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 Kroniger & Bosch 2001
  11. 11,0 11,1 Dunger 1967
  12. "Neon Blue Tailed Tree Lizard Glides".  Photo shows H. laevis
  13. Vanhooydonck et al. 2009
  14. Arnold 2002
  15. Schiøtz & Volsøe 1959
  16. Schmidt 1919
  17. Loveridge 1953
  18. "Neon Blue Tailed Tree Lizard".  A foto mostra H. laevis
  19. Meyer 2000
  20. Herrmann 1998

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar