Hoboken, Nova Jersey

cidade estadounidense do condado de Hudson, Nova Jersey

Hoboken é unha cidade localizada no condado de Hudson do estado de Nova Jersey.

Modelo:Xeografía políticaHoboken, Nova Jersey
Hoboken (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°44′42″N 74°01′57″O / 40.745, -74.0325Coordenadas: 40°44′42″N 74°01′57″O / 40.745, -74.0325
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova Jersey
County of New Jersey (en) TraducirCondado de Hudson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación60.419 (2020) Editar o valor em Wikidata (11.663,39 hab./km²)
Número de fogares24.983 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie5,180225 km² Editar o valor em Wikidata
Auga36,5837 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude8 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación9 de abril de 1849 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Hoboken, New Jersey (en) Traducir Editar o valor em WikidataRavinder Bhalla (2018–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal07030 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webhobokennj.gov Editar o valor em Wikidata
Vista aérea de Hoboken á beira do río Hudson

Situada na zona dos peiraos do río Hudson, a cidade era unha parte do Porto de Nova York e Nova Jersey e sede de importantes industrias durante a maior parte do século XX. Tamén é coñecida por ser o lugar de nacemento do cantante estadounidense Frank Sinatra, un dos artistas musicais máis populares e influentes do século XX; por iso, numerosos parques e rúas da cidade foron bautizados no seu honor.[1]

O carácter da cidade cambiou e pasou de ser unha cidade da clase obreira a unha de tendas e barrios residenciais da clase social alta.[2]

Xeografía editar

 
Localización de Hoboken no condado de Hudson e este no estado de Nova Jersey
 
Panorama de tres segmentos da costa de Sinatra Drive desde Pier A Park, Hoboken

Situada a unha altitude media de 9 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 5,1 km²

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, no ano 2020 tiña unha poboación de 60 419 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 9 805 hab./km².[3]

Hoboken ten a cuarta densidade de poboación máis alta dos Estados Unidos, máis alta incluso que a de Nova York.[4]

Hoboken forma parte da área metropolitana de Nova York, e nela encóntrase a Terminal Hoboken, un importante centro de transporte para a rexión.

Demografía editar

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos no ano 2000 os ingresos medios por fogar na localidade eran de 62 550 dólares, e os ingresos medios por familia eran de 67 500 dólares. Os homes tiñan uns ingresos medios de 54 870 dólares, fronte aos 46 826 dólares para as mulleres. A renda per cápita para a localidade era de 43 195 dólares. Ao redor do 10,0 % da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.[4]

Historia editar

Hoboken estableceuse por primeira vez como parte da colonia Pavonia, New Netherland (Pavonia Nova Holanda) no século XVII. Durante o inicio do século XIX, a cidade foi desenvolvida polo coronel John Stevens, primeiro como un complexo turístico e máis adiante como zona residencial.[5]

Hoboken converteuse en municipio en 1849 e foi considerada como cidade en 1855.

Hoboken foi o lugar onde se xogou o primeiro partido de béisbol,[6] e é alí onde se encontra o Instituto Stevens de Tecnoloxía, unha das universidades tecnolóxicas máis antigas dos Estados Unidos.

O 29 de outubro de 2012 Hoboken quedou devastada por unha gran tormenta e polos fortes ventos asociados co furacán Sandy, deixando 1 700 casas inundadas e provocando danos por valor de 100 millóns de dólares. Incluso díxose que "encheu Hoboken como unha bañeira".[7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar