Hoa Hakananai'a

moai da Illa de Pascua

Hoa Hakananai'a é un moai, unha estatua xigante orixinaria da Illa de Pascua. Foi levada dende Orongo, na Illa de Pascua (Rapa Nui) en 1868 pola tripulación dun barco británico e atópase exposta no Museo Británico en Londres. Describiuse como unha "obra mestra"[1] e atópase entre os mellores exemplos da escultura da Illa de Pascua.[2] Aínda que é relativamente pequeno, considérase típico entre as estatuas da illa,[3][4] pero salienta polas inscricións e gravados engadidos na parte traseira, asociadas co culto do home paxaro.[5]

Hoa Hakananai'a na galería de benvida do Museo Británico.

Etimoloxía editar

A estatua foi identificada como Hoa Hakananai'a polos insulares no momento en que foi levada; a tripulación británica rexistrou orixinalmente o nome nas formas 'Hoa-haka-nana-ia' ou 'Hoa-haka-nama-ia'.[6] Foi traducido de varias maneiras dende a lingua rapanui co significado "onda que rompe",[7] 'surf',[6] 'compañeiro de surf',[8][9] 'mestre rompeondas',[10] "amigo perdido ou roubado",[11] 'amigo roubado', 'amigo escondido'[12] ou 'facendo roubos/brincadeiras amigo'.[8]

Repatriación editar

O pobo rapanui considera que o moai foi levado sen permiso. En novembro de 2018, Laura Alarcón Rapu, a gobernadora da Illa de Pascua, pediu ao Museo Británico que devolvese a estatua. O museo acordou discutir un préstamo da estatua con representantes do pobo.[13] A responsable do Departamento de África, Oceanía e América do Museo Británico, Lissant Bolton, visitou a Illa de Pascua en xuño de 2019.[14] Leonardo Pakarati filmou un documental Te Kuhane o te tupuna ou "O espírito dos devanceiros", no que Hoa Hakananai'a é un símbolo roubado a Rapa Nui, cuxo espírito ou mana debe ser recuperado para restaurar o benestar da illa.[15]

Notas editar

  1. Métraux, A (1940). The Ethnology of Easter Island. Honolulu: Bernice P. Bishop Museum. p. 298. 
  2. Métraux, A (1957). Easter Island: A Stone-Age Civilisation of the Pacific. Londres: Andre Deutsch. p. 162. 
  3. Routledge, K (1919). The Mystery of Easter Island. Londres: Sifton, Praed & Co. p. 166. 
  4. Van Tilburg 2004, pp. 45–47.
  5. Van Tilburg 1992, pp. 56–59.
  6. 6,0 6,1 Van Tilburg 1992, p. 41.
  7. Routledge, K (1919). The Mystery of Easter Island. Londres: Sifton, Praed & Co. p. 257. 
  8. 8,0 8,1 Davletshin 2012a, pp. 62–63.
  9. Davletshin, A (2012). "Images, which are not seen, and stolen friends, who steal: A reply to Van Tilburg and Arévalo Pakarati". Rapa Nui Journal 26 (1): 68. 
  10. "RapaNui Sprache - Übersetzung Buchstabe N". Osterinsel. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2012. Consultado o 14 de maio de 2012. 
  11. "Hoa Hakananai'a ('lost or stolen friend') / Moai (ancestor figure)". British Museum. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2017. 
  12. Van Tilburg 1992, pp. 41–42.
  13. "Easter Island governor begs British Museum to return Moai: 'You have our soul'". The Guardian. 20 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2020. Consultado o 17 de marzo de 2020. 
  14. Bartlett, John (4 de xuño de 2019). "Easter Islanders call for return of statue from British Museum". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2020. Consultado o 17 de marzo de 2020. 
  15. "Moai Hoa Hakananai’a, the stolen friend of Rapa Nui". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar