Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum

crónica histórica de Isidoro de Sevilla

A Historia de regibus Gothorum, Vandalorum e Suevorum (Historia dos reis dos godos, vándalos e suevos) é a historia dos godos, entre 265 e 624, escrita en latín por Isidoro de Sevilla. É unha relato moi condensado e, por mor da diversidade de fontes, ás veces, resulta moi contraditorio e mesmo, demasiado literario.[1] Tras narra-la historia dos godos, continúa coa dos vándalos e, finalmente, cun relato separado referido á historia dos suevos.

Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum
Autor/aIsidoro de Sevilla
Lingualingua latina
Xénero(s)crónica
editar datos en Wikidata ]

O bispo Isidoro, autor de Historia de regibus Gothorum, Vandalorum et Suevorum

Fontes editar

Como fontes da súa obra, a principal foi a obra de Xerome de Estridón, que é continuación da de Eusebio de Cesarea no ano 378. A partir desa data, empregou principalmente a obra de Paulo Orosio (ata 417) e, para Hispania, a de Hidacio de Chaves (ata 469). Para a historia posterior, baseouse en Próspero de Tiro, continuador da obra de Xerome de Estridón entre o 405 e o 453, e en Víctor de Tunnuna, como principal testemuño para os anos 444 e 566 en África, e en Xoán Biclarense para a historia hispánica recente (565-590). Isidoro tamén usou unha crónica, parcialmente perdida, de Máximo de Zaragoza. Para os acontecementos en Hispania entre 590 e 624, Isidoro segue a se-la principal fonte para os historiadores actuais.

Características editar

Isidoro comezou a súa historia cun prólogo, "Laus Spaniae",[2] celebrando as cualidades de Hispania. Empregou a expresión "mater Spania" (nai Hispania). No resto da obra elaborou e defendeu a identidade gótica da Hispania unificada. Tamén, Isidoro utilizou a era hispánica para as súas citas.

A Historia compúxose en dúas versións, que se conservan. A primeira, probablemente escrita en 619, o ano da morte do rei Sisebuto, é a máis curta. A versión máis desenvolvida completouse probablemente no 624, o quinto ano do reinado de Suintila. Só a versión máis longa contén o "Laus Spaniae" e o "Laus Gothorum", unha loanza dos godos, que separa a historia dos godos (ata o reinado de Suintila) da dos vándalos.

Da edición máis longa, a versión que serve de referencia é a realizada por Theodor Mommsen,[3] que tamén, serviu de base para a súa primeira tradución ao inglés.[4] Tamén existe unha tradución ao alemán. [5]

Notas editar

  1. Merrill (2005), p. 179
  2. Para unha análise da "Laus Spaniae", véxase a obra de Merrill (2005), pp. 185-196
  3. Mommsen, Theodor (1894). Gesellschaft für Deutschlands ältere Geschichtskunde, ed. "Auctores antiquissimi". Monumenta Germaniae Historica (en alemán) (Berlín) (XI): 241–303. 
  4. Isidore of Seville (1970). Isidore of Seville's History of the Goths, Vandals, and Suevi (en inglés). (tradución do latín e introdución por Donini, Guido e Ford, Gordon B.). Leiden: E. J. Brill. 
  5. Coste, D. (1887). Isidors Geschichte der Goten, Vandalen, Sueven (PDF) (en alemán). Leipzig: Verlag von Franz Dunder. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Merrill, Andrew H. (2005). History and Geography in Late Antiquity (en inglés). CAmbridge: Cambridge University Press. ISBN 9780521846011. 

Ligazóns externas editar