Historia da República Checa

As terras checas emerxeran nos fins do século IX cando foran unificadas polos Premislides (premyslids). O reino de Bohemia foi unha potencia rexional con significado, máis conflitos relixiosos como as Guerras Hussitas do século XV e a Guerra dos Trinta Anos do século XVII foran devastadoras. Máis tarde, Bohemia caeu baixo a influencia dos Habsburgos e pasou a formar parte da Austria-Hungría.

Despois do colapso deste estado os checos e os seus veciños eslovacos xuntáronse e formaron a república independente de Checoslovaquia en 1918. Este xove país contiña unha minoría alemá de grandes dimensións, o que iría levar á disolución de Checoslovaquia cando Alemaña anexou a minoría por vía do Acordo de Múnic en 1938, e Eslovaquia tamén se separou. O resto do estado checo foi ocupado polos alemáns en 1939.

Despois da segunda guerra mundial, Checoslovaquia caeu na esfera de influencia soviética. En 1968, a invasión de tropas do Pacto de Varsovia puxo fin aos esforzos dos líderes do país para liberalizar o réxime e crear un "socialismo de rostro humano", durante a Primavera de Praga.

En 1989, Checoslovaquia recuperou a liberdade por vía dunha "Revolución de Veludo" pacífica. A 1 de xaneiro de 1993, o país dividiuse en dous pacificamente, conformando as repúblicas independentes checa e eslovaca.

A República Checa adheriuse á OTAN en 1999 e á Unión Europea no 2004.