Hisashi

guitarrista xaponés

Hisashi Tonomura (en xaponés: 外村 尚), nado o 2 de febreiro de 1972 en Hirosaki, Prefectura de Aomori, Xapón, é o guitarrista principal da banda de rock xaponesa GLAY. Xunto co seu compañeiro de banda Jiro, ten unha aparencia que recorda os mangas, a pesar que nos últimos tempos utilizan roupas e peitados menos extravagantes.

Infotaula de personaHisashi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) HISASHI Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Hirosaki, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónHokkaido Hakodate Ryouhoku Senior High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEMI Music Japan Inc. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: h1sashi Twitter: HISASHI_ Instagram: hisashix Musicbrainz: 6763d089-b69a-44b9-a910-06d909e99358 Songkick: 314536 Editar o valor em Wikidata

Composicións editar

  • "Cynical" (single Ikiteku tsuyosa)
  • "Doku Roku" (álbum Review, con Takuro)
  • "Neuromancer" (single a Boy ~zutto wasurenai~)
  • "ai" (single Soul Love)
  • "Surf Rider" (single Missing You)
  • "Denki Iruka Kimiyouna Shikou" (álbum One Love)
  • "Prize" (álbum One Love)
  • "Giant Strong Faust Super Star" (single Mata Kokode aimashou)
  • "Brothel Creepers" (single Aitai Kimochi, con Takuro)
  • "coyote, colored darkness" (álbum The Frustrated)
  • "THE FRUSTRATED" (álbum The Frustrated, con Takuro, co alias de "Kombinat-12")
  • "HIGH COMMUNICATIONS" (álbum The Frustrated, con Takuro, co alias de "Kombinat-12")
  • "World's End" (álbum Love is Beautiful)

Outros traballos editar

  • Ademais de GLAY, Hisashi tivo tamén proxectos paralelos, como a banda Rally, formada con Kouji Ueno (Radio Caroline e ex-Thee Michelle Gun Elephant), Motokatsu Miyagami (Mad Capsule Market) e Teru (Glay). A banda gravou unha versión de "Aku no Hana" para un tributo á banda Buck-Tick.
  • En 1999, Hisashi participou no proxecto Poetic Revolution, de Yukinojo Mori, en "Ango", xunto con Takuro e Teru.
  • Tocou en "Letters", de Hikaru Utada e nas cancións "Say Something", do álbum In the Mood, e "Keep the Faith", do álbum JUST MOVIN' ON~ALL THE -S-HIT, ambos de Kyousuke Himuro.
  • Fixo unha breve aparición no filme Casshern, xunto con Takuro.
  • En 2007 Hisashi deixou o programa de rádio "Cyber Net City", que presentaba dende 1999.
  • O 12 de decembro de 2008, Hisashi foi convidado especial nun show do Blue Man Group en Toquio, nun espectáculo especial chamado "Dia do Rock".[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar