Hipparchia semele

especie de insecto

Hipparchia semele

Hipparchia semele
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Hipparchia
Especie: H. semele
Linnaeus, 1758

Hipparchia semele é unha especie de insecto lepidóptero pertencente á familia Nymphalidae. Foi descuberta por Linnaeus, quen a describiu en 1758.

Distribución editar

Ampla distribución en toda Europa, desde Portugal a Fenoscandia, incluídas illas bálticas, de Francia a Bulgaria, sur de Inglaterra e Irlanda, Italia, ausente en Albania, Macedonia do Norte, e illas mediterráneas, fóra da parte norte de Sicilia. É unha especie presente en territorio español. É de distribución incerta ao leste de Europa por confusión con taxons afíns.[1]

Período de voo editar

Univoltino de xuño a setembro segundo localización.[2]

Hábitat editar

É diverso: brezais, zonas de arbusto e herba, bosques abertos, mesmo dunas.

Bioloxía editar

Plantas nutricias: Festuca ovina, Festuca elegans, Koeleria pyramidata, Alpagrostis setacea, Bromus erectus, Vulpia myuros, Aira praecox, Eymus repens, Briza media, Lolium perenne, entre outras.

Notas editar

  1. http://www.asturnatura.com/especie/hipparchia-semele.html Hipparchia semele
  2. Hipparchia semele, o seu ciclo biolóxico en imaxes

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar