Hipólito Gallego Camarero

mestre e político español

Hipólito Gallego Camarero, nado en Badaxoz o 30 de xaneiro de 1897[1] e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un mestre e político español.

Infotaula de personaHipólito Gallego Camarero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Mondariz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosefa García Segret
Josefa García Segret e Hipólito Gallego Camarero.

Traxectoria editar

Aprobou as oposicións de maxisterio en 1927. Foi mestre de Seavia (Coristanco) en 1927,[2] de Carreira (Ribeira) en 1929,[3] e dende 1930 de Forcadela (Tomiño). Pertenceu á Sociedade agraria de Forcadela. En 1933 foi acusado de abusos deshonestos e escándalo público como parte dunha campaña política na súa contra promovida polo cura Antonio Somé. Detido, foi procesado polo xulgado de Tui e xulgado polo tribunal do xurado na Audiencia de Pontevedra o 12 de maio de 1935, a sentenza foi absolutoria.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos dirixentes da resistencia armada na zona de Tui. Cando foron derrotados fuxiu ao monte. Foi apresado e permaneceu na prisión de Tui onde o torturaron. O 4 de outubro, con foi sacado por falanxistas e paseado xunto con Manuel Piñeiro Zúñiga, Manuel Pérez Besada, Fernando Rubio Estévez, Domingo Páramos Núñez e Francisco Rodríguez Otero. Hipólito foi martirizado antes e despois da execución. Os seus corpos foron tirados na vía pública na entrada de Mondariz. Despois de morto abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[5]

Vida persoal editar

Casou con Josefa García Segret.

Notas editar

  1. El Magisterio Español, 10-5-1927, p. 9.
  2. El Eco de Santiago, 16-9-1927, p. 2.
  3. El Compostelano, 18-12-1929, p. 2.
  4. Acusacións a un mestre: Hipólito Gallego.
  5. BOE, 9-12-1941, p. 4552.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar