Os Hiodóntidos (Hiodontidae) son a única familia da orde Hiodontiformes, peixes teleósteos pertencentes á superorden Osteoglosomorfos (Osteoglossomorpha). Contan unicamente con dúas especies vivas e numerosas fósiles. Son peixes de augas doces distribuídos nos ríos de Norteamérica.

Hiodon tergisus

Características editar

Alcanzan unha lonxitude máxima de 50 cm. Teñen unha aleta anal moderadamente longa, cuns 20 radios, e separada da aleta caudal, bifurcada.

Clasificación editar

Divídense en catro xéneros, tres deles extinguidos:

  • Xénero Eohiodon (extinto)
  • Xénero Hiodon
    • Hiodon alosoides (Rafinesque, 1819)
    • Hiodon tergisus (Lesueur, 1818)
  • Xénero Plesiolycoptera (extinto)
  • Xénero Yanbiania (extinto)

FishBase non dá ós Hiodontiformes categoría de orde senón que coloca a familia Hiodontidae dentro da orde Osteoglossiformes.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar