Hinode

Observatorio solar espacial xaponés con colaboración internacional.

Hinode, previamente coñecido como SOLAR B, é un observatorio espacial da axencia xaponesa ISAS (agora reconvertida na JAXA) lanzado o 22 de setembro de 2006 mediante un foguete M-5 desde o Centro Espacial de Uchinoura xunto con outros satélites, como o Hitsat.[2][5][6]

Hinode / SOLAR B
Representación artística de Hinode.
TipoCientífico
OrganizaciónISAS
Data de lanzamento22 de setembro de 2006, 21:36 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorM-5[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2][6]
Obxectivo da misiónObservación solar non visible, ultravioleta e raios X.[2][6]
NSSDC ID2006-041A
Masa700,0 kg[2][5][6]
Potencia500 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7061 km[1]
Inclinación98,1 graos
Apoapse701,9 km[1]
Periapse678,3 km[1]

Características editar

Hinode é un observatorio espacial xaponés con colaboración internacional e sucesora da misión Yohkoh (SOLAR A). A misión do observatorio é realizar estudos do Sol no rango óptico, ultravioleta e de raios X co obxectivo de desvelar os mecanismos da interacción entre o campo magnético solar e a súa atmosfera ionizada a alta temperatura para facilitar a comprensión da variabilidades solar.[2][5]

Hinode ten resolución de abondo para medir o vector do campo magnético a escalas dos tubos de fluxo solares, podendo relacionar os cambios de estado magnético cos sucesos coronais e as erupcións solares.[2][5]

Hinode foi inxectado nunha órbita inicial heliosincrónica de 686 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 98,3 graos e un período de 105 minutos.[1][3][6]

Experimentos editar

 
A superficie do Sol observada por Hinode.
  • Telescopio de raios X: pode observar a coroa (con temperaturas de 500.000 a 10 millóns de Kelvin) cunha resolución de 1 segundo de arco.
  • Cámara espectrómetro do ultravioleta extremo: mide a velocidade e outros parámetros do plasma da coroa e da rexión de transición para correlacionar o comportamento dinámico da coroa (medido polo telescopio de raios X) co campo magnético fotosférico (medido polo telescopio óptico).
  • Telescopio óptico: mide o campo magnético fotosférico.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HINODE (SOLAR B)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (27 de marzo de 2013). "Hinode" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 20 March 2007 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (07-82185): 5. 11 de abril de 2007. Consultado o 15 de abril de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "SOLAR-B / Hinode" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Solar B (Hinode)" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Hinode" (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar