Hileo era o nome dun can da manda de caza de Acteón.

Acteón devorado polos seus cans (urna funeraria etrusca)

Acteón era un fillo de Aristeo. Un día que andaba nos bosques de caza cos seus cans, cometeu a imprudencia de ver espida á deusa Artemisa. Cando esta se deu de conta, indignada, converteuno en cervo e acirrou os cans contra el, que foi devorado por eles sen ser recoñecido. Logo, os cans buscárono inutilmente por todo o bosque laiando por el.

"E sen máis ameazas, [Diana] pon na súa cabeza cornos de cervo lonxevo, prolóngalle o pescozo, aguza por riba as súas orellas... Mentres dubida víronlle os cans; Melampo e Icnóbates foron os primeiros en dar o sinal cos seus ladros. Axiña lánzanse á carreira outros... e o fogoso Hileo, pouco antes ferido por un xabaril...".
(Ovidio: Metamorfosis III, 193-213)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017, VIII, 279-298 [a numeración segue a utilizada neste texto].