Hildeprando de Spoleto

Hildeprando foi duque de Spoleto desde 774 ata 789.

Infotaula de personaHildeprando de Spoleto
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morte789 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Spoleto (en) Traducir (774–789) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSegarde von Alemannien (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAdelindis von Buchau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Spoleto-1

Traxectoria editar

Cando Teodicio de Spoleto morreu loitando no Cerco de Pavia en 774, os longobardos do ducado de Spoleto elixiron a Hildeprando como duque e sometéronse rapidamente aos francos. Hildeprando foi a Roma tras o exército franco e rendeu homenaxe ao papa Hadrián I. Con todo, a disputa entre Carlomagno e Hadrián sobre quen debía ter a soberanía sobre Spoleto foi resolta en favor dos francos nos seguintes anos. En xaneiro de 776, Hildeprandus gloriosus et summus dux ducatus Spoletani fixo unha doazón á Abadía de Farfa datada segundo o ano do reinado de Carlomagno. Este formulismo continuou en 777 de xeito que coa súa linguaxe excluía de feito a soberanía papal sobre o territorio.[1]

En 775, Hadrián alegou que Hildeprando se unira á conspiración de Hrodgaud de Friúl e Arechis II de Benevento, pero non hai evidencia de que Hildeprando estivese involucrado. Hildeprando quedou como un firme rival do papado desde aquela.

En 779, Hildeprando viaxou a Virciniacum, probabelmente preto de Compiègne, para profesar fidelidade a Carlomagno. Levou canda el regalos e marchou coa promesa de que o rei había protexer os seus intereses dos do papa.

En 788, Hildeprando uniuse ás tropas francas e longobardas na resistencia á invasión bizantina. Morreu ao ano seguinte e, por designación real, sucedeuno un franco chamado Winixiso.

Notas editar

  1. Hodgkin, 31.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Italy and her Invaders, de Hodgkin, Thomas. Clarendon Press: 1895.