Hilario de Poitiers

Hilario de Poitiers nado en Poitiers aproximadamente no 310 e finado en 367 é un doutor da Igrexa Católica

Infotaula de personaDoutor da Igrexa Editar o valor em Wikidata
Hilario de Poitiers

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Hilarius Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento315 Editar o valor em Wikidata
Poitiers Editar o valor em Wikidata
Morte367 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Poitiers Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
353 – – Venance Fortunat →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , escritor , scholaster (pt) Traducir , filósofo , sacerdote católico , bispo católico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de xaneiro (Igrexa ortodoxa)
14 de xaneiro
14 de xaneiro
14 de xaneiro
13 de xaneiro Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxewife of Hilary of Poitiers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAbra de Poitiers (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Criado nunha familia pagá, estudou retórica e filosofía e converteuse ao cristianismo no 345 cando foi bautizado xunto coa súa muller e a súa filla Abra. Foi elixido bispo polos fieis da súa cidade no 354. Tras o sínodo de Beziers do ano 356, foi considerado herexe polos arianos e desterrado da Galia por orde do emperador Constancio II. Tivo que refuxiarse en Frixia nun ambiente tamén moi influído polo arianismo. É chamativo o seu Contra Constantium Augustum liber onde acusa ao emperador de tirano, de inmiscuírse nos temas da Igrexa e mesmo chega a comparalo co Anticristo.

Escribiu varios tratados defendendo a dobre natureza humana e divina de Xesús de Nazaret e a divindade do Verbo encarnado nel consonte o Credo do Concilio de Nicea. En Occidente se lle compara coa figura de Atanasio de Alexandría en Oriente.

No 361 levantóuselle o desterro e puido exercer o seu labor doutrinal, pastoral e de axuda aos desfavorecidos na Galia. Procurou fórmulas de consenso, sendo tolerante con aqueles que non pasaban de recoñecer unha semellanza entre Deus Pai e o Verbo pero sen identificar neles unha soa natureza. Este vontade de diálogo en concordia cos semiarianos recibiu duros reproches do bispo Lucifer de Cagliari, partidario dun rigor dogmático e da exclusión dos presbíteros que antano profesaran a fe ariana. Hilario era proclive á reconciliación.

Ao redor do 364, preocupado pola deriva arianista da importante sé de Milán, dirixiuse a esta cidade imperial para contradicir ao seu bispo Auxentio. O emperador Valentiniano I amparou a Auxentio e ordenou a Hilario saír de Milán. Consta a súa relación con Martiño de Tours.

Aínda que se lle atribúe a introdución de determinados cantos ou himnos na liturxia, a súa autoría concreta é discutida.

En 1851 Pío IX proclamouno doutor da Igrexa. A súa festa é o 13 de xaneiro.

Pensamento editar

Hilario de Poitiers entende que a Escritura debe ser comprendida como unha preparación do anuncio da salvación de Xesucristo. Impulsor da oración dos salmos, sostén que estes deben ser interpretados á luz do anuncio evanxélico. Defende a unidade de Deus entendédoa como unha relación de amor entre tres persoas consustanciais, onde todo procede do Pai, a través do Fillo no don do Espírito.

Non pode encontrarse nada que falte a plenitude tan grande, na que converxen no Pai, no Fillo e no Espírito Santo a inmensidade no Eterno, a revelación na Imaxe, a alegría no Don
De Trinitate
Deus só sabe ser amor, e só sabe ser Pai. E quen ama non é envexoso, e quen é Pai o é totalmente. Este nome non admite compromisos, como se Deus fose Pai en certos aspectos e noutros non
De Trinitate

Obras editar

 
Lucubrationes, 1523
  • Comentario ao Evanxeo de Mateo
  • De Trinitate
  • Contra Constantium Augustum liber
  • Contra Arianos vel Auxentium Mediolanemsem liber
  • Libro dos Sínodos
  • Tratado sobre os Salmos