Hilario Álvarez Méndez

guerrilleiro antifranquista

Hilario Álvarez Méndez, coñecido como Bienvenido, nado en Ponferrada en 1907 e finado en Vilasinde (A Veiga de Valcarce) o 17 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaHilario Álvarez Méndez
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Ponferrada, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 1949 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Vilasinde, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBienvenido Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Electricista.[1] Afiliado ás Juventudes Socialistas, foi presidente comarcal en Ponferrada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Estaba en Casaio dende 1941. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia, onde foi designado responsable da I Agrupación con Miguel Cuellas Gómez "Artillero". A súa compañeira Alberta Viñales Martínez "Chartrade" incorporouse ao grupo en 1945. Permaneceu fóra da disciplina do Exército Guerrilleiro de Galicia. A finais de 1948 marchou á fronteira das provincias de Lugo e León cos cenetistas Abelardo Macías Fernández e Victorino Nieto Rodríguez, o comunista Oliveros Fernández Armada e Alpidia García Moral. O 17 de marzo de 1949 estaban en Vilasinde na Veiga de Valcarce, onde foi sorprendido o grupo e foi asasinado xunto con Abelardo Macías e Alpidia García; Victoriano Nieto e Oliveros Fernández lograron fuxir. A súa compañeira Alberta Viñales Martínez logrou saír de España en 1949.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 60. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar