Hew Whiteford Dalrymple

Sir Hew Whiteford Dalrymple, 1º Baronete, nado en Ayr (Escocia) o 3 de decembro de 1750 e finado en Londres o 9 de abril de 1830, foi un militar do Exército británico, que alcanzou o grao de xeneral e ostentou o cargo de gobernador de Xibraltar.

Infotaula de personaHew Whiteford Dalrymple

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Sir Hew Whitefoord Dalrymple, 1st Baronet Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1750 Editar o valor em Wikidata
Ayr Editar o valor em Wikidata
Morte9 de abril de 1830 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Governador de Gibraltar (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña (–1801)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Rango militargeneral (en) Traducir
tenente-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española, Guerras da Revolución Francesa e Guerras napoleónicas Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBaronete (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFrances Leighton (en) Traducir (1783–) Editar o valor em Wikidata
FillosAdolphus Dalrymple (en) Traducir, Frances Fanshawe (en) Traducir, Charlotte Elizabeth Dalrymple (en) Traducir, Arabella Boyd Dalrymple (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJohn Dalrymple (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Ross (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dalrymple-794

Biografía editar

É recordado, principalmente, por negociar a Convención de Sintra, durante a ocupación francesa de Portugal[1].

Foi tenente gobernador da illa de Guernsey entre 1796 e 1801 e gobernador de Xibraltar entre 1806 e 1808. No ano 1815 foi nomeado baronete de High Mark no condado de Wigtown.

Dalrymple e Galiza editar

En 1774, estando destinado en Xibraltar co grao de maior, emprendeu unha viaxe por España e Portugal. Dalrymple fixo coidadosas anotacións, que logo publicou, nun libro de viaxes, en forma de cartas, até un total de dezaseis, da que a décima e décimo segunda están dedicadas a Galiza. Hew Whiteford atopouse con galegos que volvían das segas nas Castelas, asunto do que fixo unha valoración, calculando que uns 60.000 pasaban todos os anos ás terras castelás e outros 30.000 a Portugal. Estas cifras cóidanse esaxeradas (estimaba a poboación galega en dous millóns de persoas, o que resulta demasiado). Fixo tamén observacións sobre outros aspectos (pallozas, minifundio, traxe, cultivos...), polo que constitúe unha fonte inestimábel para contrastar datos impresionistas sobre a Galiza de inicios do derradeiro cuarto do século XVIII.

Porén, a opinión de Dalrymple sobre os portugueses foron das máis duras vertidas por observadores estranxeiros en opinión das autoras de Lisboa setecentista (ver apartado de Bibliografía).

Obra editar

A viaxe do militar británico foi publicada en Londres dous anos despois:

  • Travels through Spain and Portugal in 1774, with a short account of the Spanish Expedition against Algiers, in 1775. Londres. 1775.

En 1783 publicouse unha versión francesa.

O seu texto completo, en versión española, figura en García Mercadal, J., Viajes de extranjeros por España y Portugal. Madid. Ed. Aguilar. 1962, t. III, páx. 645 e ss.

Extractos do libro de Dalrymple, en galego, poden ser consultados na obra de Gonzáles Reboredo, citada en Bibliografía, ou ben en castelán, en Alonso Montero, X., Galicia vista por los no gallegos. Madrid. Ed. Júcar. 1974.

Bibliografía editar

  • González Reboredo, X. M.: "A emigración galega e outros temas nun viaxeiro inglés do século XVIII", en Grial nº 39, xaneiro-febreiro-marzo 1973, páxs. 74-81.
  • Santos, Piedade B.; Rodrigues, Teresa S.; Nogueira, Margarida S., Lisboa setecentista: vista por estrangeiros. Lisboa. Livros Horizonte. 1987.

Notas editar