Herodes o Grande, nado en Ascalón o 74 antes de Cristo e finado en Xerusalén o 4 antes de Cristo, foi rei dos xudeus e unificou Galilea e Xudea e reconstruíu o Templo de Xerusalén.

Infotaula de personaHerodes

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) הוֹרדוֹס
(la) Herodus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 74 a. C. Editar o valor em Wikidata
Edom Editar o valor em Wikidata
Mortec. 4 a. C. Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Xericó Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia renal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaHerodium (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónPaganismo e xudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xudea Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmonarca , político , monarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaHerodian dynasty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaltace (pt) Traducir
Mariane (pt) Traducir
valor descoñecido
Doris (en) Traducir
Cleópatra de Jerusalém (pt) Traducir
Mariana (Herodes) (pt) Traducir
Elpis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosHerodes Antipas (pt) Traducir
 () Maltace (pt) Traducir
Filipe (pt) Traducir
 () Cleópatra de Jerusalém (pt) Traducir
Aristóbulo IV (pt) Traducir
 () Mariana (Herodes) (pt) Traducir
Herod IV (en) Traducir
 () Cleópatra de Jerusalém (pt) Traducir
Alexandre (pt) Traducir
 () Mariana (Herodes) (pt) Traducir
Salimpsio (pt) Traducir
 () Mariana (Herodes) (pt) Traducir
Herodes Filipe (pt) Traducir
 () Mariane (pt) Traducir
Herodes Arquelao
 () Maltace (pt) Traducir
Salomé (pt) Traducir
 () Elpis (en) Traducir
Olímpia (pt) Traducir
 () Maltace (pt) Traducir
Antipatro (pt) Traducir
 () Doris (en) Traducir
Cypros (en) Traducir
 () Mariana (Herodes) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAntípatro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Cipros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPheroras (en) Traducir, Phasael (en) Traducir, Salomé (pt) Traducir e José (irmão de Herodes) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJoseph I d'Idumée (en) Traducir (tío)
Herodes Agripa I (son's son (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun idumeo e dunha nabatea, en realidade era un palestino de cultura helenística dedicado ao servizo de Roma, que dominaba Palestina dende que fora conquistada por Pompeio (63 a. C.).

Herodes foi nomeado primeiro gobernador de Galilea e posteriormente tetrarca para dirixir as relacións de Roma cós xudeus; pero tivo que fuxir ante o ataque dos partos, que apoiaban no trono a Antígona, a última raíña da dinastía dos Asmoneos ou Macabeos, representante da resistencia xudía contra a dominación política e cultural do Occidente grecorromano.

No ano 40 a. C., o Senado romano nomeou a Herodes rei dos xudeus por indicación de Marco Antonio, co encargo de recuperar Xudea de mans de Antígona. Combateu contra ela durante tres anos ata que conquistou Xerusalén e a decapitou.

Polo demais, Herodes foi un rei hábil: soubo eludir a súa participación na batalla de Actium, o que permitiu que Augusto o mantivese no trono despois da súa vitoria, cunha autonomía política practicamente total a pesar de ser o vasalo do Imperio; defendeu eficazmente o reino fronte aos ataques de partos e árabes; construíu cidades e fortalezas; embeleceu a capital; respectou os costumes locais e comezou a reconstrución do Templo de Xerusalén. Dende o 14 a.C. tivo como conselleiro a Nicolao de Damasco.[1]

Ao morrer deixou o reino dividido entre os seus fillos: Xudea, Samaría e Idumea para Arquelao (destituído dous anos despois polo gobernador romano Poncio Pilatos) e Galilea e Perea para Herodes Antipas (o cal, segundo os Evanxeos, eludiu xulgar a Xesuscristo cando llo enviou Pilatos). O neto de Herodes, Herodes Agripa I, foi o último rei que gobernou sobre a totalidade de Palestina e o que, segundo os Feitos dos Apóstolos, fixo encarcerar a san Pedro e condenou a morte a Santiago o Maior. Baixo o reinado do seu fillo Herodes Agripa II estalou a rebelión dos xudeus que levou á destrución de Xerusalén por Tito e a anexión de Palestina a Siria como provincia romana (70 d. C.).

Notas editar

  1. Hornblower & Spawforth (2002), p. 282

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hornblower, Simon; Spawforth, Tony, eds. (2002). "Nicolao de Damasco". Diccionario del mundo clásico (en castelán). Barcelona: Crítica. pp. 282–283. ISBN 84-8432-393-5. 

Ligazóns externas editar