Hermod, Hermodr ou Hermóðr é, na mitoloxía nórdica, o deus enviado polos Æsir a Helheim para intentar que a súa raíña, Hela, devolva a Baldr a Asgard. É fillo de Odín e de Frigg. O seu nome significa ardente no combate. Chegou ás portas do inferno nórdico sobre o cabalo de Odín, Sleipnir.

Hermóðr cabalga a Hel en Sleipnir. Coñece Hel e a Baldr. Manuscrito islandés do século XVIII

Edda prosaica editar

Hermóðr aparece de forma distinta na sección 49 do libro Edda prosaica en Gylfaginning. Aí descríbese que os deuses se atopaban sen palabras e devastados pola morte de Baldr, incapaces de reaccionar debido á pena. Despois de que os deuses recuperasen a súa cordura polo inmenso choque e a angustia da morte de Baldr, Frigg preguntoulle aos Æsir quen entre eles desexaba "gañar todo o seu favor e amor"[1] percorrendo o camiño a Hel. Quen aceptase, debía ofrecer un rescate a cambio de regresar a Baldr a Asgard. Hermóðr acepta e vai con Sleipnir a Hel.

Hermóðr cabalgou o cabalo de Odín, Sleipnir, durante nove días e nove noites a través de profundos e sombríos vales até a ponte Gjöll, cuberta de ouro brillante, sendo esta protexida pola doncela Móðguðr. Móðguðr díxolle a Hermóðr que Baldr xa cruzara a ponte e que debía cabalgar cara a abaixo e ao norte.

Ao arribar ao portal de Hel, Hermóðr desmontou, apertou a sela, montou de novo e controlou a Sleipner de tal xeito que saltou por encima do portal. Ao final, Hermóðr chegou ao salón de Hel e veu a Baldr sentado no lugar máis honorífico. Hermóðr rogou a Hel que liberase a Baldr, citando o pranto entre os Æsir. Daquela Hel proclamou que Baldr só sería liberado se todas as cousas, mortas e vivas, choraran por el.

Baldr deulle a Hermóðr o anel Draupnir, o cal foi queimado con el na súa fogueira, para devolvérllelo a Odín. Nanna deulle unha túnica de algodón para Frigg, canda outros regalos, como o anel para Fulla. Despois Hermóðr regresou coa mensaxe de Hel.

Hermóðr é denominado "fillo" de Odín na maioría de manuscritos, mentres que no Codex Regius, considerado o mellor manuscrito, é chamado sveinn Óðins, 'rapaz de Odín', que en contexto chega a significar máis como 'servente de Odín'. De calquera maneira, Hermóðr en pasaxes posteriores é chamado por Baldr como irmán e tamén aparece como fillo de Odín na lista dos fillos de Odín.

Edda poética editar

O nome Hermód parece ser aplicado ao heroe mortal no poema da Hyndluljóð da Edda poética.

Poesía escáldica editar

No poema escáldico Hákonarmál (estrofa 14) Hermóðr e Bragi aparecen en Valhalla recibindo a Haakon I de Noruega. Non está claro se Hermóðr ou Bragi son deuses neste poema.

Notas editar

  1. Byock, Jesse. (Trans.) (2006) The Prose Edda, page 66. Penguin Classics ISBN 0-14-044755-5

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar