Heróstrato

incendiario grego, responsable da destrución do Templo de Artemisa en Éfeso

Heróstrato (en grego Ηρόστρατος) foi un incendiario grego, responsable da destrución do Templo de Artemisa, en Éfeso,[1] na actual Turquía, considerado unha das Sete marabillas do mundo, na noite do 21 de xullo do ano 365 AEC. O templo, construído en mármore, era considerado un dos máis belos do mundo. Fora erixido para honrar a deusa da caza, da vida salvaxe e do nacemento. Tiña 130 metros, e levantábase sobre columnas de 18 metros de altura. De acordo coa historia, o único desexo de Heróstrato era conseguir fama a calquera prezo. Lonxe de tentar negar a responsabilidade do seu acto, Heróstrato alegou con orgullo o seu feito para inmortalizar o seu nome na historia.

Modelo a escala do Templo de Artemisa no Miniaturk Park de Istambul.

Notas editar

  1. Estrabón, Xeografía, Livro XIV, Capítulo 1, 22

Véxase tamén editar

Bibliografía editar