Herófilo de Calcedonia, nado en Bitinia no ano 335 a. C. e finado no 280 a. C., foi un médico grego da Escola de Alexandría.

Infotaula de personaHerófilo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἡρόφιλος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento335 a. C. Editar o valor em Wikidata
Calcedônia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte280 a. C. Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Alexandría Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , xinecólogo , anatomista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPraxagoras (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que ás veces se trasladou o inicio das diseccións de cadáveres humanos ao Renacemento, esta práctica iniciouse na Escola de Alexandría no século III a. C. Herófilo foi o primeiro en facer diseccións anatómicas en público, iniciando esta práctica médica xunto a Erasístrato de Ceos. Tamén practicou viviseccións en criminais e escravos condenados a morte.

Realizou descubrimentos acerca da disposición dos vasos do cerebro, levando actualmente por nome prensa de Herófilo, o confluente venoso posterior do cerebro. Constatou a sincronía do pulso cos latidos do corazón e afirmou que a intelixencia non se encontraba neste, senón no cerebro.

Herófilo estudou o encéfalo mediante diseccións (en cadáveres) e viviseccións (en persoas vivas) e investigacións en animais, describindo as meninxes, os plexos coroides, o cuarto ventrículo e a confluencia dos seos cerebrais.

Obra editar

A súa obra, así como a do seu contemporáneo Erasístrato de Ceos desapareceu completamente coa destrución de Alexandría por Xulio César. O seu coñecemento obtémolo a través de citas de autores posteriores, en especial, de Galeno.