Henry Rider Haggard

Henry Rider Haggard, nado en Bradenham, Norfolk, o 22 de xuño de 1856 e finado en Londres o 14 de maio de 1925, foi un escritor inglés.

Henry Rider Haggard
Nacemento22 de xuño de 1856 e 1856
Lugar de nacementoBradenham
Falecemento14 de maio de 1925 e 1925
Lugar de falecementoLondres
SoterradoChurch of St Mary, Ditchingham
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterIpswich School
Ocupaciónescritor, novelista, guionista, escritor de ciencia ficción e prosista
PaiWilliam Meybohm Rider Haggard
NaiElla Doveton
CónxuxeMariana Louisa Margitson
FillosLilias Rider Haggard, Arthur John Rider Haggard, Agnes Angela Rider Haggard e Sybil Dorothy Rider Haggard
Coñecido porAs minas do rei Salomón e Ela, a Feiticeira
PremiosKnight Commander of the Order of the British Empire e Knight Bachelor
Na rede
IMDB: nm0353584 Allocine: 68278 Allmovie: p217384
Bitraga: 177 Musicbrainz: 946c85ae-a881-4fc2-a601-b5680957b652 IMSLP: Category:Haggard,_Henry_Rider WikiTree: Haggard-305 Find a Grave: 35548607 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado no seo da aristocracia rural, estudou en Ipswich con resultados mediocres. En 1875 marchou a Natal como secretario do gobernador colonial Henry Bulwer, amigo da familia. Instalouse en Pietermaritzburg viaxou polo territorio dos zulú, aos que acabou apreciando e en 1877 estivo presente no anuncio oficial da anexión da República do Transvaal ao Imperio Británico. En 1878 convértese en secretario do Tribunal Superior de Xustiza do Transvaal ao tempo que envía crónicas á prensa londiniense. En 1879 abandona o seu posto na administración para dedicarse aos negocios e en 1880 merca unha granxa ao norte de Pretoria para dedicarse á cría de avestruces, que é un fracaso e regresa a Inglaterra, alí casa en agosto de 1880 coa súa veciña Louise Margitson, tras un ano en Durban voltan en 1881 para Inglaterra, instalados en Ditchingham, Norfolk, comeza a escribir sobre as súas experiencias africanas, o libro publicado en 1883, Cestwayo e os seus veciños brancos foi un fracaso de vendas, máis tarde instálanse en Kessingland e retoma o estudo de dereito, rematándoo en 1884, no mesmo ano que publica as novelas Dawn e The Witch's Tale que apenas se venderon.

Decepcionado decide deixar de escribir, pero a lectura da novela de Robert Louis Stevenson, A illa do tesouro, dálle pulos creativos e en seis semanas remata a que se converterá na súa novela máis coñecida é As minas do rei Salomón (King Solomon's Mines) que foi inmensamente popular na súa época e mantivo un notable impacto no século XX. No seu primeiro ano, 1885, vendeu 30.000 exemplares só en Inglaterra. E Haggard decide dedicarse exclusivamente á literatura. Froito da súa viaxe por Exipto, en 1888, é a novela Cleopatra. En 1891 mentres estaba en México morre o seu fillo, regresa a Inglaterra vende a súa casa e íllase na mansión familiar de Ditchingham.

Haggard nas súas novelas, aínda que apoia as concepcións do colonialismo británico, trata con simpatía ás poboacións nativas, os africanos aparecen en papeis de heroes nas súas novelas, aínda que o protagonista sexa tipicamente europeo. Entre 1882 e 1925 publicou máis de 70 libros.

Obra editar

  • Dawn (1884)
  • The Witch's Tale (1884)
  • As minas do rei Salomón (King Solomon's Mines, 1885; traducida ao galego en 1987)
  • She (1887)
  • Jess (1887)
  • Allan Quatermain (1887)
  • A Tale of Three Lions (1887)
  • Mr. Meeson's Will (1888)
  • Maiwa's Revenge (1888)
  • My Fellow Laborer and the Wreck of the Copeland (1888)
  • Colonel Quaritch, V.C. (1888)
  • Cleopatra (1889)
  • Allan's Wife (1889)
  • Beatrice (1890)
  • The World's Desire (1890) (con Andrew Lang)
  • Eric Brighteyes (1891) (traducida ao galego en 2013 como Eric Ollos Brillantes)
  • Nada the Lily (1892)
  • Montezuma's Daughter (1893)
  • The People of the Mist (1894)
  • Joan Haste (1895)
  • Heart of the World (1895)
  • Church and State (1895)
  • The Wizard (1896)
  • Dr. Therne (1898)
  • Swallow (1898)
  • A Farmer's Year (1899)
  • The Last Boer War (1899)
  • The Spring of Lion (1899)
  • Montezuma's Daughter (1899)
  • Black Heart, White Heart (1900)
  • The New South Africa (1900)
  • A Winter Pilgrimage (1901)
  • Lysbeth (1901)
  • Rural England (1902)
  • Pearl Maiden (1903)
  • Stella Fregelius (1904)
  • The Brethren (1904)
  • The Poor and the Land (1905)
  • Ayesha (1905)
  • A Gardener's Year (1905)
  • Report of Salvation Army Colonies (1905)
  • The Way of the Spirit (1906)
  • Benita (1906)
  • Fair Margaret (1907)
  • The Ghost Kings (1908)
  • The Yellow God (1908)
  • The Lady of Blossholme (1909)
  • Queen Sheba's Ring (1910)
  • Regeneration: An account of the social work of the salvation army (1910)
  • Morning Star (1910)
  • Red Eve (1911)
  • The Mahatma and the Hare (1911)
  • Rural Denmark (1911)
  • Marie (1912)
  • Child of Storm (1913)
  • The Wanderer's Necklace (1914)
  • A call to Arms (1914)
  • The Holy Flower (1915)
  • After the War Settlement and Employment of Ex-Service Men (1916)
  • The Ivory Child (1916)
  • Finished (1917)
  • Love Eternal (1918)
  • Moon of Israel (1918)
  • When the World Shook (1919)
  • The Ancient Allan (1920)
  • Smith and the Pharaohs (1920)
  • She and Allan (1921)
  • The Virgin of the Sun (1922)
  • Wisdom's Daughter (1923)
  • Heu-Heu (1924)
  • Queen of the Dawn (1925)
  • The Days of my Life: An autobiography of Sir H. Rider Haggard (1926)
  • Treasure of the Lake (1926)
  • Allan and the Ice Gods (1927)
  • Mary of Marion Isle (1929)
  • Belshazzar (1930)