Henrique I de Luxemburgo

político luxemburgués
(Redirección desde «Henri I de Luxemburgo»)

Henrique de Nassau-Weilburg e Borbón-Parma é o actual gran duque de Luxemburgo.[1] Polo tanto, correspóndelle asumir a función de xefe de Estado do país.

Henrique I de Luxemburgo
Gran duque de Luxemburgo

ReinadoDesde o 7 de outubro de 2000
Nome completoHenri Albert Gabriel Félix Marie Guillaume vu Nassau-Weilburg
(Henrique Alberto Gabriel Félix María Guillerme de Nassau-Weilburg)
Outros títulosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
Nacemento16 de abril de 1955
Betzdorf Luxemburgo Luxemburgo
ConsorteMaría Teresa Mestre
(1981 - actualidade)
DescendenciaVéxase Matrimonio e descendencia
Casa realCasa de Nassau-Weilburg e
Borbón-Parma
ProxenitoresXoán de Luxemburgo
Xosefina Carlota de Bélxica

Escudo de Henrique I de Luxemburgo
Escudo de armas de Henrique I de Luxemburgo
Na rede
IMDB: nm6721243 WikiTree: Bourbon-87 Editar o valor em Wikidata

Nado o 16 de abril de 1955 no Castelo de Betzdorf, Luxemburgo, é fillo do anterior gran duque Xoán de Luxemburgo e da súa esposa, a princesa Xosefina Carlota de Bélxica, irmá dos reis Balduíno I e Alberte II de Bélxica.[1]

Acadou o título o 7 de outubro de 2000 ao abdicar o gran duque Xoán,[1] reinando co nome de Henrique I de Luxemburgo.

Traxectoria editar

Estudos editar

Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Xenebra, onde se graduou en 1980,[1] ao igual que a súa esposa. Precisamente en dito centro universitario se coñeceron e iniciaron a súa relación.[2]

Matrimonio e descendencia editar

O 14 de febreiro de 1981, Henrique casou na Catedral de Santa María de Luxemburgo con María Teresa Mestre Batista, orixinaria de Marianao, A Habana, Cuba.

A parella reside no Palacio Gran Ducal de Luxemburgo (residencia oficial) e no Castelo de Berg (residencia privada), e ten catro fillos e unha filla:[1]

  • Príncipe Guillerme de Luxemburgo]] (11 de novembro de 1981), herdeiro do Gran Ducado.
  • Príncipe Félix de Luxemburgo (1984).
  • Príncipe Luís de Luxemburgo (1986). Casado en 2006 con Tessy Antony, coa que ten dous fillos, Gabriel Miguel (2006) e Noah Guillerme (2007).
  • Princesa Alexandra de Luxemburgo (1991).
  • Príncipe Sebastián de Luxemburgo (1992).

Recoñecementos editar

O gran duque Henrique é doutor Honoris causa en Letras pola Universidade Sacred Heart de Fairfield, Connecticut, Estados Unidos, en Dereito pola Universidade Miami de Oxford, Ohio, Estados Unidos, en Economía pola Universidade Khon Kaen, Tailandia, e en Ciencias Políticas pola Universidade de Trier, Alemaña.[1]

Entre outras distincións, foi nomeado o 13 de abril de 2007 cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro.[3]

Outras funcións editar

Desde 1998 é membro do Comité Olímpico Internacional e da Fundación Charles Darwin para a preservación das illas Galápagos. Ultimamente centraou as súas actividades nunha fundación patrocinada pola Organización Mundial da Saúde dedicada á prevención dos abusos de menores.[1]


Predecesor:
Xoán
 
Gran Duque de Luxemburgo

Desde o 7 de outubro de 2000
Sucesor:
No cargo

Notas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.