Henri Cartier-Bresson

fotógrafo francés

Henri Cartier-Bresson, nado o 22 de agosto de 1908 en Chanteloup-en-Brie e finado o 3 de agosto de 2004 en Montjustin, foi un célebre fotógrafo francés considerado por moitos o pai do fotorreportaxe. Predicou sempre coa idea de atrapar o instante decisivo, versión traducida das súas "images a la sauvette", que veñen a significar con máis precisión "imaxes a hurtadillas". Tratabase, pois, de poñer a cabeza, o ollo e o corazón no mesmo momento no que se desenvolve o clímax dunha acción.

Henri Cartier-Bresson
Nome completoHenri Georges Cartier-Bresson
Nacemento22 de agosto de 1908
 Chanteloup-en-Brie
Falecemento3 de agosto de 2004
 Montjustin
Áreafotografía, pintura
EducaciónLycée Condorcet
NacionalidadeFrancia
CónxuxeRatna Mohini e Martine Franck
Sinatura
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Chanteloup-les-vignes, ás aforas de París, o 22 de agosto de 1908. Aos 22 anos decidiu probar sorte en Costa do Marfil, foi aí onde tomou as súas primeiras fotografías. De regreso a Francia, adquiriu unha cámara Leica, a cal quedaría asociada coa súa persoa. Tras coquetear co surrealismo e colaborar con cineastas como Jean Renoir e Jean Becker decidiu fundar a axencia fotográfica Magnum con Robert Capa, David Seymour e George Rodger.

Ao longo da súa carreira, tivo a oportunidade de retratar a personaxes do talle de Pablo Picasso, Henri Matisse, Marie Curie, Edith Piaf, Fidel Castro e Ernesto Guevara. Tamén cubriu importantes eventos, como a morte de Gandhi, a guerra civil española ou a entrada triunfal de Mao Zedong a Pequín. Cartier-Bresson foi o primeiro periodista occidental que puido visitar a Unión Soviética tras a morte de Stalin.

Últimos anos editar

Xunto á súa esposa, a tamén fotógrafa Martine Frank, creou no ano 2000 unha fundación encargada de reunir as súas mellores obras. Faleceu o 3 de agosto de 2004 en Cereste, ao suroeste de Francia.

En 2003, Heinz Bütler dirixiu a película suíza Henri Cartier-Bresson - Biographie eines Blicks, documental biográfico interpretado polo propio Cartier-Bresson ademais de Isabelle Huppert, entre outros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar