A hematita[1] (do grego haimatites que significa sangue; e tamén chamada olixisto DRAG e DRAE din o contrario[Cómpre referencia]) é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe2O3 (contén o 70% de ferro se se atopa en estado puro).

Hematita
Hematita de crecemento globular
Fórmula químicaFe2O3
ClaseÓxidos
Sistema cristalinoTrigonal
CorVermella e negra
BrilloDe metálico a terroso
Dureza5,5-6,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónInexistente
RaiaVermella escura
Densidade4,9-5,3 g/cm3

Aspecto editar

A hematita pode presentar dende un brillo metálico nos exemplares escuros ata un brillo terroso nos ocres ou vermellos. O crecemento deste mineral pode ser acicular, laminar (parecido ás micas), formando costras e escamas ou tamén globular.

Lugares onde se atopa editar

Atópase principalmente en zonas de oxidación, en filóns hidrotermais ou do produto da meteorización das rochas compostas por ferro.

Os xacementos máis importantes en España son o das Minas del Marquesado en Guadix (provincia de Granada) e o de El Pedroso (Sevilla). Tamén aparece en Ortigueira (A Coruña) e en Viveiro (Lugo).

Usos da hematita editar

A hematita constitúe a fonte máis importante de ferro xa que en estado puro contén o 70% deste metal.

Utilízase tamén para crear colorantes industriais.

Propiedades editar

Aínda que con certa dificultade, disólvese en ácido clorhídrico.

Outros óxidos editar

O rútilo, a magnetita e a casiterita son outros óxidos importantes.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hematita.