Hello Kitty (en xaponés ハローキティ Harō Kiti) é unha personaxe imaxinaria representada por unha gatiña branca humanizada cun lazo vermello e sen boca de caracteres estilizados. Foi deseñada en 1974 por Yuko Shimizu para a empresa xaponesa Sanrio.

Inicialmente Hello Kitty era un deseño para nenas empregado en accesorios escolares e roupa. Actualmente existen produtos licenciados dirixidos a tódalas idades.

Hello Kitty refírese tamén a un grupo de personaxes relacionados, e especificamente a gatiña branca recibiu o nome de Kitty White (キティ・ホワイト Kiti Howaito)

Stand Sanrio en Madrid.
Airbus A330-200.

Historia editar

Hello Kitty naceu como un produto da empresa Sanrio, establecida en 1960 como Yamanashi Silk Company dedicada á venda sandalias con deseños de flores[1] pero o seu propietario Shintaro Tsuji contratou debuxantes para que os deseños fosen máis xeitosos e así apareceu unha liña de produtos con personaxes[1] pensados para regalo[2] e así naceu Hello Kitty deseñada por Yuko Shimizu e engadida a esa liña en 1974, aparecendo por primeira vez nun portamoedas de vinilo, sentada entre unha botella de leite e unha carpa nun recipiente[3]. Sanrio decidiu que o personaxe fose británico por estar na época os países estranxeiros, e en particular o Reino Unido e os Estados Unidos, de moda no Xapón e xa tiñan moitos personaxes estadounidenses[4]. Shimizu tomou o nome Kitty da obra de Lewis Carroll Alicia do outro lado do espello, onde Alicia xoga cun gato ao que chama Kitty[5] ao que Sanrio engadiu o "Hello" como unha forma de comunicación social para agradecer o galano[6].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Belson, K. (2003)"The cat who turned kawaii into cash", Asian Times from Arquivado 05 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
  2. "Sanrio Europe". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2009. 
  3. "Hello Kitty Turns 35". Time. 1 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o 13 de marzo de 2012. 
  4. Takagi, Jun (21 de agosto de 2008). "10 Questions for Yuko Yamaguchi". TIME. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2009. 
  5. "Hello Kitty, You're 30". St. Petersburg Times. 15 de novembro de 2004. Consultado o 22 de marzo de 2012. 
  6. Tracey, David (29 de maio de 1999). "The Small White Cat That Conquered Japan". New York Times. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar