Heliogábalo

emperador romano entre 218 e 222

Sextus Varius Avitus Basianus, Heliogábalo, nado en Emessa, Siria, no 204 e finado en Roma no 222, foi un emperador romano. Era neto do fundador da dinastía dos Severos. Fillo de Sexto Vasiano e Xulia Soemias, adoptou o nome de Marcus Aurelius Antoninus para gobernar, xa que se comprometera diante do Senado a manter e seguir o exemplo de Marco Aurelio no seu goberno.

Heliogábalo
Nacemento20 de marzo de 203
Lugar de nacementoRoma, Emesa e Velletri
Falecemento11 de marzo de 222
Lugar de falecementoRoma
SoterradoRío Tíber
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
PaiSexto Vário Marcelo e Caracalla
NaiJúlia Soémia
CónxuxeJúlia Cornélia Paula, Aquília Severa, Ânia Faustina e Aquília Severa
FillosAlexandre Severo
Irmánsvalor descoñecido, Aurelia Antonina e Alexandre Severo
Na rede
Musicbrainz: f31eb187-597c-4eda-b367-876e88de9874 Find a Grave: 35220650 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nomeamento editar

A morte de Caracalla e o nomeamento de Macrino como emperador deixou os Severos fóra do poder. A rexente en Roma en ausencia de Caracalla era a súa nai, Xulia Maesa que, diante do nomeamento de Macrino, dedicouse a procurar a volta dos seus ao poder. Convenceu ao Senado de que Sexto Vario era fillo de Caracalla, aínda que con iso deixara a súa propia filla coma unha adúltera, pero era o herdeiro do Imperio. Aínda que o seu neto só tiña 14 anos, foi aceptado como tal e os partidarios de Caracalla, e a política de Macrino en Oriente, onde se atopaba combatendo contra os partos, fixeron que as lexións nomearan a Sexto como emperador. Coa batalla de Nisibis, a sorte do imperio quedou en mans de Heliogábalo.

Mandato editar

O novo emperador era un ardente seguidor da relixión siria, e fora sacerdote do deus sol Heliogabálo o Elágabalus no xeito latino, nome co que se coñecía tamén en Roma. Este deus era adorado en Emesa en forma dunha pedra negra, posibelmente un meteorito, e cando foi para Roma, a pedra do seu deus levouna, para depositala no Palatino, e proclamar a Baal de Emessa deus supremo do Imperio e a el como a súa encarnación.

A súa nai desprázase con el a Roma, e dende entón levou unha vida de luxo e dedicada a todo tipo de praceres e xunto coa súa avoa Xulia Maesa foron os auténticos gobernantes do Imperio.

Heliogábalo foi un homosexual declarado e tivo unha longa sucesión de noivos, aos que tentaba dar importantes postos no goberno do Imperio, con grande desgusto das clases altas de Roma e dos senadores. Destacou entre estes noivos un tal Hierocles, un auriga forte e alto, ao que tentou de conseguir que nomeasen como emperador, sendo Heliogábalo a emperatriz.

Aínda así, tivo tres esposas. A primeira delas foi Xulia Cornelia Paula, coa que casou no 219. Pero a pesar de que formulou a voda como unha unión entre deuses, el seria Baal e Xulia representaba a Tanit, este matrimonio non durou nin un ano, divorciándose dela alegando defectos físicos. A súa segunda esposa foi Xulia Aquilia Severa, que era unha virxe vestal, o que na sociedade romana foi un grande escándalo, xa que as vestais representaban o fogar e o matriarcado romano, e foi forzada ao matrimonio. Pero para o emperador era unha tentación moi grande o casar un sacerdote de Baal, el, e unha sacerdotisa virxe, pero para o pobo de Roma foi un autentico sacrilexio. Pero chegou pronto o divorcio e o emperador casa de novo con Annia Faustinia, bisneta de Marco Aurelio, pero este matrimonio aínda foi mais curto, para volver a casar con Xulia Aquilia.

Mentres tanto o proceso de orientalización continuaba imparábel, e as perversións sexuais e as orxías que se facían no pazo imperial eran multitudinarias mentres a xente da súa confianza chegaba a unhas altas cotas de corrupción.

Foi neste intre cando a súa avoa, Xulia Maesa, comprendeu que non era o home axeitado para perpetuar a dinastía e, coa oposición da súa nai, Xulia Soemias, conseguiu que Heliogábalo nomease o seu primo Alexandre Severo como o seu sucesor, xa que no pouco tempo que levaba no poder xa tiña na súa contra ao Senado, ao pobo de Roma e aos pretorianos.

Heliogábalo aceptou nun primeiro intre, pero ante a negativa da súa tía Xulia Maesa de que el influíse na educación do cativo, tenta o asasinato da súa avoa, da súa tía e o seu primo, que teñen que ser protexidos polos pretorianos, e obrigan a Heliogábalo a aceptar a situación. Acepta, pero logo tenta de novo o asasinato.

Os pretorianos, xa cansos desta situación, nomean emperador a Alexandre Severo, asaltan o pazo imperial e asasinan nos baños a Heliogábalo e a súa nai, Xulia Soemias, que son arrastrados polas rúas da cidade e máis tarde botan os seus cadáveres ao río Tíber, con grande alborozo do pobo romano, que celebrou con festas o fin do emperador. Era o mes de marzo do 222 e Heliogábalo só tiña 18 anos.

Imperio Romano

Segue a:
Macrino
Heliogábalo
Precede a:
Alexandre Severo
Severos