Helike (en grego antigo Ελίκη), ou Xúpiter XLV, é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawai dirixidos por Scott S. Sheppard no 2003, e déuselle a designación provisional de S/2003 J 6.[1][2][3]

Helike ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 20,540 millóns de kms, tarda en facer unha órbita 601,402 días, ten unha inclinación de 155° con respecto á eclíptica (156° ao ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade de 0,1375.

Foi bautizado en marzo de 2005 como Helike, unha das ninfas que coidaron de Zeus (Xúpiter) durante a súa infancia, que a pasou na illa de Creta.[4]

Helike pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de km, con inclinacións duns 150°

Notas editar

  1. MPEC 2003-E11: S/2003 J 1, 2003 J 2, 2003 J 3, 2003 J 4, 2003 J 5, 2003 J 6, 2003 J 7 4 de marzo do 2003 (descubrimento e efemérides)
  2. MPEC 2003-E29: S/2003 J 9, 2003 J 10, 2003 J 11, 2003 J 12; S/2003 J 1, 2003 J 6 3 de abril do 2003 (efemérides revisadas)
  3. Green, Daniel W. E. (4 de marzo de 2003). "Satellites of Jupiter". International Astronomical Union Circular (Central Bureau for Astronomical Telegrams) (8087). 
  4. Green, Daniel W. E. (30 de marzo de 2005). "Satellites of Jupiter [bautizando a lúa]". International Astronomical Union Circular (Central Bureau for Astronomical Telegrams) (8502). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar