Heinz Guderian, nado en Klum (na actualidade en Polonia) o 17 de xuño de 1888 e finado en Schwangau bei Fussen (RFA) 14 de maio de 1954, foi un xeneral de blindados alemán. É coñecido por ser o ideólogo do Blitzkrieg (Guerra Lóstrego), no seu libro Achtung Panzers! ("¡Coidado, tanques!").

Infotaula de personaHeinz Guderian

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Heinz Wilhelm Guderian Editar o valor em Wikidata
17 de xuño de 1888 Editar o valor em Wikidata
Chełmno, Polonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de maio de 1954 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Schwangau, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGoslar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , militar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1907 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Alemán Editar o valor em Wikidata
Rama militarPanzerwaffe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarcoronel-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)XIX Corpo de Exército (pt) Traducir e 2nd Panzer Army (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoFronte Occidental, Primeira guerra mundial, segunda guerra mundial, Primeira Batalla do Marne, Batalla de Verdún, Batalha de Wizna (pt) Traducir, Battle of Kobryń (en) Traducir, Batalla de Francia, Batalha de Białystok-Minsk (pt) Traducir, Batalha de Smolensk (pt) Traducir, Batalla de Kíiv e Batalla de Moscova Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de novembro de 1945International Military Tribunal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMargarete Goerne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosHeinz Günther Guderian Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Guderian-47 Find a Grave: 11939863 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Asistiu á Academia Militar de Berlín entre 1901 e 1907. En 1908 exerceu como segundo tenente no batallón Jäger nº 10, ás ordes do seu pai.

Casou en 1913. Froito dese matrimonio tivo dous fillos, que tamén acabaron no exército alemán.

En 1915 pasou a ser capitán, especializándose no uso da radio. En 1918, rematada a primeira guerra mundial, pasou a formar parte do Alto Estado Maior do Reichwehr. Entre 1924 e 1935 escribiu numerosos artigos sobre a guerra mecanizada no Military Weekly.

En 1930 asume o mando do 3º Batallón prusiano de Transporte Motorizado. Parte dos carros blindados deste batallón son maquetas de madeira. Guderian adestra ós seus oficiais con motocicletas e camións. Ese mesmo ano ascende a tenente coronel, e en 1931 ascende a coronel.

En 1933 Hitler rechaza o Tratado de Versalles e ordena a formación de tres divisións blindadas. Guderian pasa a comandar a segunda, como Maior Xeneral. En 1938, xa como Tenente Xeneral, conduce o XVI Corpo do Exército da Wehrmacht a Austria e Checoslovaquia.

En 1939 é nomeado Xeneral de tódalas Panzertruppen. Será o responsable do reclutamento, adestramento e equipamento de tódalas unidades motorizadas. Na invasión de Polonia recibe a Cruz de Ferro de Primeira clase e a Cruz de Cabaleiro.

En 1940 os carros blindados alemáns que entran en Francia por Sedan levan un gran "G" pintado na blindaxe na súa honra. En 1941 comanda o II Exército Panzer e recibe as Follas de Carballo para a súa Cruz de Cabaleiro. É relevado do servizo activo tras ter diferenzas de opinión co seu superior, Mariscal de Campo von Kluge.

En 1943 Hitler chámao para formar un grupo de traballo con Albert Speer, Ministro de Armamento. Comeza a incrementarse a produción de tanques. En decembro de 1944, en tres semanas Alemaña produce tantos tanques como en todo 1939.

En 1945, por desacordos con Hitler, é novamente relevado. Trala rendición alemá, os aliados deciden non xulgalo en Nuremberg como criminal de guerra. Sae da prisión de Allendorf en 1948 e volve coa súa familia.