Heinz Fengler

numismático alemán


Heinz Fengler, nado en Oranienburg, Brandeburgo, o 31 de marzo de 1923 e finado en Berlín o 14 de marzo de 1999, foi un numismático alemán vinculado ao Gabinete Numismático de Berlín.

Infotaula de personaHeinz Fengler
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1923.
Oranienburg Editar o valor em Wikidata
Morte Berlín
Director de museo Gabinete Numismático de Berlín
1973 – 1988
← Arthur SuhleWolfgang Steguweit → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemán.
Coñecido porDirector do Gabinete Numismático de Berlín.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Heinz Fengler foi un economista que chegou a ser o director administrativo dos Museos Estatais de Berlín Oriental. [1]

Ademais, dedicouse á numismática e neste ámbito presidiu o Comité Central de Numismática na Asociación Cultural da RDA. [1]

En 1973, sucedeu a Arthur Suhle como director do Gabinete Numismático de Berlín. Detrás do seu nomeamento estaba a consideración político-museística dun maior control do Gabinete Numismático, ata daquela non controlado polo SED. No entanto, Fengler dirixiu o museo como unha institución científica relativamente libre. Foi responsable da colección de papel moeda no Gabinete Numismático e comezou a crear unha colección de accións e valores como un novo campo de coleccionismo.[1]

Fengler xubilouse en 1988 e finou en Berlín en 1999.[1]

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Heinz Fengler ao longo da súa carreira:.[2]

  • (1953). Der Staatshaushalt der Deutschen Demokratischen Republik. Fragen der Planung, Durchführung und Kontrolle. Verlag Die Wirtschaft, Berlín.
  • (1961). Die Ansammlung und Verwendung von Rücklagen in der Haushaltswirtschaft der Deutschen Demokratischen Republik. Hochschule für Ökonomie, Berlín.
  • (1976). Transpress-Lexikon Numismatik (con G. Gierow e W. Unger). Transpress, Berlín.
  • (1976). Die Entwicklung der deutschen Geldscheine. Staatliche Museen, Berlín.
  • (1992). Geschichte der deutschen Notenbanken vor Einführung der Mark-Währung. Gietl, Regenstauf. ISBN 978-3-924861-05-6

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kluge, B. (1999).
  2. "Fengler, Heinz". WorldCat Identities.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar