Hebe (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Hebe (en lingua grega antiga Ἥβη Hêbê) era a personificación da mocidade, descrita como filla de Zeus e Hera. Segundo a Ilíada, Hebe era a axudante dos deuses:

Infotaula de personaHebe

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἥβη Editar o valor em Wikidata
CelebraciónRelixión da Grecia antiga e Mitoloxía grega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHeracles Editar o valor em Wikidata
FillosAlexiares (en) Traducir, Anicetus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisZeus Editar o valor em Wikidata  e Hera Editar o valor em Wikidata

Servíaos nos seus convites: Sentados no adro de ouro do Olimpo, arredor de Zeus os deuses celebraban consello. A fermosa Hebe escanciaba o néctar e eles ofrecíanse as copas de ouro sen deixar de contemplar a cidade de Troia[1].

Hebe de Antonio Canova, 1800–05 (Ermitage)

E axudaba tanto á súa nai, Hera, como a Ares:

Hera, a venerada filla de Zeus, preparou os cabalos que tiñan crinas suxeitas con aneis de ouro, e Hebe puxo con toda presa no eixo de ferro, a ámbolos dous lados do carro, as rodas de bronce de oito raios.[2]

Así de rápido sandou o furibundo Ares, a quen Hebe lavou e puxo magníficas vestes[3]

Segundo a Odisea, casou con Heracles trala apoteose deste: Vin despois ao fortísimo Heracles, ou por mellor dicir á súa imaxe, pois el está cos deuses inmortais, goza nos seus convites e ten por esposa a Hebe, a dos fermosos pés, filla de Zeus e Hera.[4]

Foi substituída nas súas labores polo mozo e fermoso príncipe troiano Ganimedes, raptado por Zeus. Aínda que outras tradicións posteriores contaban que fóra nai con el de dous fillos, Alexiares e Aniceto, e que era unha divindade co poder de rexuvenecer aos vellos, como fixo nunha ocasión con Iolao por un día, cando este ía loitar con Euristeo.

Foi adorada en Atenas, onde tiña un altar no Cinosargo, a carón do de Heracles. Baixo o nome de Γανυμηδα Ganimeda (feminino de Ganimedes) ou Δια Dia foi tamén adorada nun bosque sagrado en Sición e Fliúnte.

A súa equivalente na mitoloxía romana era Iuventas, sendo tradición que os mociños lle ofreceran unha moeda cando vestían por primeira vez a toga dos adultos (a toga viril). Foi adorada desde época moi temperá, pois a súa capela no Capitolio existía antes de que se construíse o templo de Xúpiter. Outro templo de Iuventas, situado no Circo Máximo, foi xurado polo cónsul Marco Livio trala derrota de Asdrúbal Barca, no -207, e consagrado 16 anos despois.

Notas editar

  1. Ilíada, canto IV
  2. Iliada, canto V
  3. Iliada, canto V.
  4. Odisea, canto IX

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar