Hatikvah

himno nacional de Israel

Hatikvah (do hebreo:הַתִּקְוָה,Esperanza), é o nome do himno nacional de Israel. A letra foi escrita en 1878 por Naftali Herz, poeta polaco. En 1948, co recoñecemento internacional do Estado de Israel o Hatikvah foi declarado himno nacional. A melodía esta baseada no mesmo tema musical que o Vltava, poema sinfónico do compositor checo Smetana.[1]

הַתִּקְוָה
Hatikvah
En galego: Esperanza
Himno de Israel
LetraNaftali Herz Imber
1878
MúsicaSamuel Cohen
1888
Adoptado1897 1º Congreso Sionista
1948 Non oficial
1948 Oficialmente
Mostra da música
noicon

Historia editar

Antes da fundación do Estado de Israel editar

O goberno do Mandato británico de Palestina prohibiu temporalmente a súa interpretación e retransmisión desde 1919, en resposta ao aumento da actividade política anti-sionista árabe.[2]

Un antigo membro do Sonderkommando informou que un grupo de xudeus checos comezaron a cantar a canción de xeito espontáneo á entrada da cámara de gas de Auschwitz-Birkenau en 1944. Mentres cantaban, foron golpeados polos gardas das Waffen SS.[3]

Adopción como himno nacional editar

Cando se declarou a independencia do Estado de Israel en 1948, o Hatikvah foi proclamado de xeito non oficial o himno nacional. Non pasou a selo de xeito oficial ata novembro de 2004, cando unha versión abreviada e editada foi aprobada polo Knesset[4] nunha emenda da Lei da Bandeira e do Escudo.

Na súa versión moderna, o texto do himno incorpora unicamente a primeira estrofa do poema orixinal. O tema predominante no resto de estrofas é o establecemento dun estado soberano na Terra de Israel, un fin que xa se cumprira coa fundación do Estado de Israel.

Letra editar

 

כל עוד בלבב פנימה
נפש יהודי הומיה,
ולפאתי מזרח קדימה
עין לציון צופיה -

עוד לא אבדה תקותנו,
התקוה בת שנות אלפים,
להיות עם חופשי בארצנו
ארץ ציון וירושלים.

Kol od balevav P'nimah -
Nefesh Yehudi homiyah
Ulfa'atey mizrach kadimah
Ayin l'tzion tzofiyah.

Od lo avdah tikvatenu
Hatikvah bat shnot alpayim:
Li'hyot am chofshi b'artzenu -
Eretz Tzion v'Yerushalayim.

Tradución ó galego editar

Mentres no profundo do corazón

a alma dun xudeu anhele

cos seus ollos ó leste

ollando cara Sión,

a nosa esperanza non estará perdida,

a esperanza de hai dous mil anos:

de ser un pobo ceibe na nosa terra,

a terra de Sión e de Xerusalén.

Música editar

A melodía do Hatikvah deriva de La Mantovana, unha canción italiana do século XVI, composta por Giuseppe Cenci (Giuseppino del Biado) co texto "Fuggi, fuggi, fuggi da questo cielo". A melodía gañou recoñecemento en Europa con varios títulos diferentes, como o polaco Pod Krakowem, o romanés Cucuruz cu frunza-n sus, ou o ucraíno Kateryna Kucheryava.[5] Foi utilizado polo compositor checo Bedřich Smetana no seu poema sinfónico celebrando a Bohemia, Má vlast, como Vltava (tamén baixo o título alemán Die Moldau).[1]

A adaptación da música do Hatikvah realizouna Samuel Cohen en 1888. Cohen diría anos despois que a melodía baseábase nunha canción que escoitara en Romanía.

 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ben Zion, Ilan (16 de abril de 2013). "How an unwieldy romantic poem and a Romanian folk song combined to produce 'Hatikva'". The Times of Israel (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  2. Morris, B (1999). Righteous victims: a history of the Zionist-Arab conflict, 1881–1999. Knopf.  (en inglés).
  3. Gilbert, Shirli. Music in the Holocaust: Confronting Life in the Nazi Ghettos and Camps (en inglés). p. 154. .
  4. Vivian Eden (24 August 2015). "Evil Spirits Lurking in Israel's National Anthem". Haaretz. Consultado o 24 de agosto 2015. 
  5. "IV. Musical examples: Baroque and classic eras; Torban Tuning and repertoire". Torban. .

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar