Hasdai Crescas

filósofo español

Hasdai ben Abraham ben Hasdai ben Judá ben Hasdai Crescas ou Cresques (en hebreo: חסדאי קרשקש), nado en Barcelona (Cataluña) en 1340 e finado en Zaragoza (Aragón) en 1412, foi un filósofo, xurista e escritor xudeu catalán, rabino en Barcelona e Zaragoza e cunha obra importante, Or Adonai, que critica o pensamento de Maimónides e de Gersónides e adopta o punto de vista racionalista sobre a fe xudía.

Infotaula de personaHasdai Crescas
Nome orixinal(ca) Hasdai Cresques Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1340 Editar o valor em Wikidata
Barcelona (Coroa de Aragón) Editar o valor em Wikidata
Morte1410 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Zaragoza (Coroa de Aragón) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, filosofia judaica (pt) Traducir, Halacá (pt) Traducir e Talmud Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Barcelona
España Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , rabino , teólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
ProfesoresNissim of Gerona (en) Traducir e Jonah de Maistre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosIshaq Ben Séset Perfet, José Albo (pt) Traducir, Abraham ben Judah Leon (en) Traducir e Joseph ibn Habib (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua catalá, Lingua aragonesa e lingua hebrea Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesHasdai ben Judah Crescas (en) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Carrer Marlet, onde naceu Crescas, no antigo barrio xudeu de Barcelona

Hasdai Crescas naceu en Barcelona no seo dunha estirpe de eruditos. Estudou baixo a tutela de Nissim Gerondi, chamado o RaN, ao lado de Isaac ben Chechet (o Ribash), e formou grandes sabios, entre os que estiveron Joseph Albo, o rabino Mattathias de Zaragoza e o rabino Zerahia ha-Lévi Saladin. Foi tamén avidamente lido por Baruch Spinoza, quen se fundou nel para rebater a unión de filosofía e religión que propuña Maimónides. Como o seu mestre, Crescas foi un gran talmudista e filósofo. Tivo igualmente unha opinión experta en materia de lei xudía, a pesar de non ocupar nunca un posto oficial de rabino. Tras deixar Barcelona, obtivo a posición administrativa de rabino da coroa en Aragón.[1]

Gozou dunha certa riqueza material e da estima dos poderosos, de xeito que en 1393 foi nomeado executor testamentario exclusivo do seu tío, Vitalis Azday, por Xoán I de Aragón. Porén, coñeceu unha boa parte de sufrimentos e miserias: en 1378 foi feito prisioneiro sobre a base dunha falsa acusación, e calumniado numerosas veces polo feito de ser xudeu. En 1391 o seu fillo único morreu no transcurso dos pogroms antisemitas da época.

Non obstatne, estes sucesos non anubraron as súas facultades nin a súa fe, xa que redactou as súas obras máis grandes despois deste período. Outro episodio que marcou a súa vida foi o seu reencontro co suposto mesías Cisneros, do que foi brevemente partidario. En 1401 marchou a visitar a Joseph Orabuena por petición de Carlos III de Navarra, nos anais do que consta que se pagaron as viaxes por varias vilas do reino de Navarra do "Rabino de Zaragoza".[2]

Obras editar

 
Or Adonai (en hebreo: אור אֲדֹנָי), A luz do Señor, é a primeira obra de Hasdai Crescas.
 
Inauguración da rúa Crescas en Xerusalén, xaneiro de 2011. De fronte á dereita, o profesor Warren Zeev Harvey

Os seus traballos haláquicos non chegaron á actualidade e talvez non existisen nunca en forma organizada, a pesar do comentario sobre o Mishné Torá. Consérvanse, non obstante, outros traballos fundamentais:

  • Or Adonai ("Luz do Eterno"), unha das tentativas máis logradas para cuestionar a dogmática do xudaísmo a través, en especial, de reflexións sobre a natureza da fe e as crenzas cardinais da Biblia e do Talmud. Decidir sobre doutrinas xudías levou a Crescas a entrecruzar os mundos do aristotelismo medieval, dos seus comentaristas xudeus e árabes, das sentenzas rabínicas, do Talmud e do Midrash e, en fin, dos herexes xudeus. É unha obra concibida orixinariamente para criticar a Maimónides e aqueles entre os pensadores xudeus que aceptaron a súa visión do mundo ao tempo que rexeitaban aqueles dos seus elementos contrarios á tradición. Estre traballo converteuse no precursor da revolución científica do século XVI.[3]
  • Refutación de los principios cristianos, redactada en catalán en 1398 a petición de grandes de España. Non se coñece máis que a tradución de Joseph ibn Shem Tov. Aínda que a obra fose redactada con fins indiscutiblemente polémicos, converteuse rapidamente en apoloxética, pois o fin de Crescas era en verdade expor as razóns polas que os xudeus eran tan fieis á súa fe fe ancestral.
  • El sermón pascual, onde fala de filosofía relixiosa, pero tamén de Halajá.
  • Carta a la congregación de Avignon, publicada como apéndice á edición de Wiener de Shevet Yehuda, en que conta os eventos acontecidos no curso dos pogroms de 1391.

Notas editar

  1. Berlin, Adele; Himelstein, Shmuel (2011). "Crown Rabbi". The Oxford Dictionary of the Jewish Religion (2nd ed.). Oxford; New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-973004-9. Consultado o 31 May 2015.  p. 194
  2. Jacobs, l.c. Nos. 1570, 1574
  3. Un estudo importante deste traballo foi realizado por Harry Austryn Wolfson (Crescas’ Critique of Aristotle Cambridge, Harvard University Press, 1929).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Warren Zev Harvey, Physics and Metaphysics in Hasdai Crescas, Amsterdam Studies in Jewish Thought, J.C. Gieben, Amsterdam, 1998.
  • Warren Zev Harvey, Great Spirit and Creativity within the Jewish Nation: Rabbi Hasdai Crescas(Hebrew), Mercaz, Zalman Shazar, Jerusalem 2010.
  • Marc Tobiass, Maurice Ifergan, Hasdaï CRESCAS, un philosophe Juif dans l'Espagne médiévale, Éditions du CERF 2007, ISBN 978-2-204-05111-8

Ligazóns externas editar