Harry Stephen Keeler

novelista estadounidense

Harry Stephen Keeler, nado o 3 de novembro de 1890 e finado o 22 de xaneiro de 1967, foi un escritor norteamericano.

Infotaula de personaHarry Stephen Keeler
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1890 Editar o valor em Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRosehill Cemetery (en) Traducir 41°59′01″N 87°41′05″O / 41.983733, -87.684661 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnologia de Illinois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en

Find a Grave: 9989 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Infancia e mocidade editar

Naceu en Chicago, cidade que o influíu grandemente, de feito a maioría das súas obras sitúanse nesa cidade. Quedou orfo de pai aos cinco anos, e a súa nai para subsistir converteu a súa casa nunha pensión. Aos dezaseis anos comeza a escribir relatos que publicou en pequenas revistas locais. Aos vinte anos Keeler pasou un ano nunha institución mental. Aos 22 anos, diante a imposibilidade de vivir dos seus escritos, comeza a traballar nunha fundición de aceiro, traballando durante o día e escribindo pola noite. En 1919 casou con Hazel Goodwin.

Carreira literaria editar

En 1924 publica a súa primeira novela, The Voice of the Seven Sparrows no Reino Unido, e dende 1927 publica xa nos Estados Unidos, e na década de 1930 obtén algunha popularidade, en 1934 da súa novela Sing Sing Nights realízanse dous filmes de serie B, un deles protagonizado por Béla Lugosi. Paulatinamente o seu estilo vaise facendo máis barroco, substituíndo a acción por diálogos lentos e disputas entre personaxes, o que leva a que en 1942 a súa editorial, Dutton, deixe de publicarlle as súas obras. En 1953 a editorial británica Ward Lock publicou a súa última novela para o público anglosaxón. Keeler seguiu escribindo, pero as súas obras só se seguiron editando en España e Portugal. En 1960 á morte da súa muller deixou de escribir durante un tempo.

Estilo editar

Keeler estruturaba as súas novelas como se fosen caixas chinesas, antes de escribir cada relato, debuxaba unha árbore coas diferentes tramas que ía desenvolver en cada relato para encaixalas nun argumento xeral. A acción moitas veces semella disparatada e nas últimas obras difícil de seguir.

Actualmente asístese a unha revalorización das súas obras, considerándoo o Ed Wood da novela de misterio.