Harry Potter and the Philosopher's Stone (videoxogo)

videoxogo de 2001 de acción e aventuras

Harry Potter and the Philosopher's Stone é un videoxogo de acción e aventuras multiplataforma de Electronic Arts desenvolvido por KnowWonder, Warthog, Griptonite, Argonaut, Eurocom e Westlake Interactive.[1][2][3][4][5][6] Inicialmente, a pedra filosofal fora desenvolvido para PlayStation, PC, Game Boy Color, Advance e Macintosh, e logo foi refeito dous anos despois para PlayStation 2, Xbox e Nintendo GameCube.[7]

Harry Potter and the Philosopher's Stone
Desenvolvedor(es)KnowWonder (PC)

Argonaut (PS)
Warthog (GC, PS2, XBOX)
Griptonite (GBC)
Eurocom (GBA)

Westlake Interactive (MAC)
Distribuidora(s)Electronic Arts
Produtor(es)EA Games
Compositor(es)Jeremy Soule
MotorUnreal Engine 1
Lanzamento15 de novembro de 2001
XéneroAventuras
Acción
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)PC, PlayStation, Game Boy Color, Game Boy Advance, MAC, Nintendo GameCube, PlayStation 2, Xbox
Na rede
IMDB: tt0304142 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A primeira versión do xogo lanzouse á venda o 15 de novembro de 2001 en Norte América; en Australia e Europa estivo dispoñible a partir do 16 de novembro e no Xapón o 1 de decembro de 2003. A segunda versión viu a luz o 9 de decembro de 2003 en Norte América, no Xapón o 11 de decembro e en Australia e Europa o 12 de decembro.[8][9]

O videoxogo baséase en Harry Potter e a pedra filosofal, a primeira novela da serie Harry Potter de J. K. Rowling. A historia presenta a Harry Potter, un neno que descobre que é meigo o día do seu undécimo aniversario e acode á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar a súa educación máxica. A maioría das críticas foron negativas. Os críticos destacaron a sinxeleza das probas e os pobres gráficos das versións de 2003.[10][11]

Modo de xogo editar

O modo de xogo de Harry Potter and the Philosopher's Stone é desde unha perspectiva de terceira persoa. O xogador controla a Harry Potter desde un punto de vista situado tras o personaxe.[12]

PC e PlayStation editar

Nas versións para PC e PlayStation, o videoxogo é semellante a un xogo de disparos de terceira persoa un xogo de crebacabezas. Inclúe combates con varias criaturas e xefes como Lord Voldemort. Ao longo da historia vanse aprendendo diversos esconxuros nas clases que poderán empregarse con inimigos e obxectos.

GameCube, PlayStation 2 e Xbox editar

Warthog Games fixo un novo xogo de 'Harry Potter and the Philosopher's Stone para as consolas máis novas en 2003, un par de anos despois das versións orixinais. O seu modo de xogo difire moito do resto de versións e recibiu críticas por tomar todos os esconxuros do videoxogo d’a Cámara dos Segredos.

Game Boy Color editar

O xogo para a Game Boy Color é similar a outros como Final Fantasy. O xogador controla a Harry, comezando con Hagrid levándoo ata a Travesa Diagon. Os esconxuros empréganse para os combates, no canto de servir para interactuar tamén coa contorna.

Game Boy Advance editar

O videoxogo para a Game Boy Advance é completamente diferente có da Game Boy Color. O xogo da Game Boy Advance é de crebacabezas. O xogador explora Hogwarts e debe asistir ás clases, que a miúdo inclúen un desafío de recoller certo número de elementos. O xogo inclúe monstros habituais doutros xogos da serie, como caracois e gnomos.

Notas editar

  1. "Games developed by KnowWonder Digital Mediaworks". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  2. "Games developed by Warthog". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  3. "Games developed by Eurocom". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 30-04-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  4. "Games developed by Westlake". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  5. "Games developed by Griptonite Games". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 31-12-2009. Consultado o 10-05-2011. 
  6. "Games developed by Argonaut Games". IGN.com. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  7. "EA's Harry Potter and the Sorcerer's Stone Now Available for Next-Gen Consoles". Game Info Wire. 14-12-2003. Arquivado dende o orixinal o 26-07-2011. Consultado o 10-05-2011. 
  8. "Harry Potter and the Philosopher's Stone Releases". Giant Bomb. Consultado o 10-05-2011. 
  9. "Harry Potter and the Philosopher's Stone release dates". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 23-01-2013. Consultado o 10-05-2011. 
  10. Casamassina, Matt (9 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". IGN.com (IGN Entertainment, Inc.). Consultado o 7 de xuño de 2010. 
  11. Steinberg, Steve (30 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". GameSpy (IGN Entertainment, Inc.). Consultado o 7 de xuño de 2010. 
  12. Steinberg, Steve (30 de decembro de 2003). "Harry Potter and the Sorcerer's Stone". GameSpy (IGN Entertainment, Inc.). Consultado o 7 de xuño de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar