Harran (latín Carrhae, transcrito Carras) foi unha antiga cidade do norte de Mesopotamia, ao leste do Éufrates no val do Balikh ou Belikh. Atópase na beira do río Djullab, en territorio da moderna Turquía.

Modelo:Xeografía políticaHarran
Imaxe

Localización
Mapa
 36°52′15″N 39°01′30″L / 36.8708, 39.025Coordenadas: 36°52′15″N 39°01′30″L / 36.8708, 39.025
Estado desaparecidoPartos Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación87.843 (2018) Editar o valor em Wikidata (83.342,5 hab./km²)
Xeografía
Superficie1,054 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
609 a. C.Siege of Harran (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal63 ХХХ Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Alberobello (2013–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webharran.bel.tr Editar o valor em Wikidata

Dominio hitita editar

A súa posición estratéxica no camiño entre Nínive e Karkemish converteuna pronto en centro comercial. No segundo milenio antes da era foi unha estación comercial asiria coñecida por Harranu (camiño). Sobre a metade do século –XIV foi ocupada por un exército hitita dirixido por Piyasilis I de Karkemish que levaba ao pretendente hurrita do reino de Mitanni, Mattiwaza. Os hititas ocuparan antes Irridu ou Irrite, situada ao oeste, no camiño entre Karkemish e Harran.

Dominio asirio editar

Harran caeu en mans de Asiria sobre o -1270 co resto de Mitanni. Sobre o -725 sublevouse contra os asirios, que a reconquistaron e lle sacaron privilexios que o rei Sargón II lles devolveu poucos anos despois.

Dominio babilonio editar

O 25 de xullo do -616 Nabopolasar derrotou aos asirios en Harran. Despois da perda de Asur e Nínive, un xeneral proclamouse rei co nome de Ashuruballit II, e fíxose forte en Harran, que finalmente foi ocupada por Nabopolasar de Babilonia o -609. Ao mesmo tempo, os exipcios ían en socorro dos asirios (xuño do -609) e, unidos ás forzas de Ashuruballit, trataron de recuperaren Harran, que quedou asediada, pero tivéronse que retirar (agosto).

Unha revolta en Harran propiciou un golpe de estado do xeneral caldeo Nabónides, que acadou a coroa de Babilonia o -556. Nabónides foi un gobernado extravagante. Deixou ao seu fillo Baltasar (posíbel inspirador do golpe de estado) en Babilonia e estableceuse en Harran (dedicou moita atención ao deus Sen de Harran) e despois no oasis de Tayma en Arabia, rexeitando o culto a Marduk, o deus de Babilonia. Os babilonios esperaban do seu rei que dedicase o culto principal a Marduk, e como non fixo tal, perdeu soporte. O rei dos persas Ciro II o grande, despois de derrotar aos medos (-550) e conquistar Lidia (-547), fixo prisioneiro a Baltasar en Sippar, conquistou Babilonia e anunciou o restablecemento do culto de Marduk, obtendo a axuda dos babilonios.

Entre o dominio macedonio e o dominio romano editar

O -331 entraron nela os soldados macedonios de Alexandre o Grande. O mesmo rei pénsase que foi a Harran o verán do -331. Foi parte dos dominios dos seus diádocos Pérdicas, Antígono o chosco (Monóftalmo) e Eumenes ata que se converteu en posesión de Seleuco I Nicátor que estableceu nela veteranos, e baixo o imperio Seléucida formou parte do distrito ou satrapía de Osroene (Osrhoene) con capital en Urhai (Edessa), satrapía que foi independente baixo a dinastía abgárida, que foi vasala dos partos, pero oscilou entre Roma e o Imperio parto. Os romanos menciónana como Carrhae (Carras), e foi alí onde Craso co exército romano foi derrotado polo xeneral parto Surena o -53. A cidade estaba poboada por descendentes dos macedonios, que na loita estaban ao lado dos partos.

Dominio romano editar

Harran pertenceu aos reis de Osroene. Lucio Aurelio Vero incorporou este reino e conquistou Nisibis, pero unha epidemia obrigouno a retirarse. Un monumento da vitoria erixido en Éfeso sinala a Harran entre as cidade sometidas.

Septimio Severo incorporou Osroene o 195 incluíndo Harran, que foi convertida en colonia por Cómodo (214), quen a visitou o abril do 217, e foi asasinado a instancias do prefecto da garda pretoriana Macrino. O emperador Galerio foi derrotado aquí polos sasánidas o 296. Xuliano o Apóstata fixo sacrificios ao deus Sen, en Harran, ao comezo da súa campaña persa. Xustiniano reparou as súas murallas, que tiñan 4 km de longo cun total de polo menos 187 torres. Das seis portas (Alepo, Anatalia, Arslanli, Mosul, Bagdad e Rakka) só se conserva a primeira. Baixo os bizantinos foi chamada a miúdo Helenópolis (polo paganismo dos seus habitantes).

Dominio árabe editar

O 640 foi ocupada sen combate polos árabes; neste tempo aínda existía o culto a Sen; o seu templo converteuse nun castelo, do que quedan aínda as ruínas. Foi unha das principais cidades do Diyar Mudar dentro da Djazira (Diyar Bakr, Diyar Mudar e Diyar Rabia) xunto con Al-Ruha (Edessa, hoxe Urfa) e Al-Raqqah. Umar II estableceu nela unha escola de medicina, con sede antes en Alexandría. Baixo o califa Merwan II foi residencia do Califa. O palacio califal foi destruído polos abásidas. O 830 o califa Mamum ofreceu aos habitantes, en maioría pagáns, a elección entre unha das tres relixións do "libro" (cristiá, xudía ou musulmá), pero os cidadáns declararon ser membros da relixión sabea, que estaba admitida.

Baixo o Califato tivo un goberno relixioso (goberno dos sabeos) que foi derrubado o 1032 ou 1033 por unha milicia rural alida aliada a unha milicia dos pobres da cidade, que non toleraba a liberdade relixiosa. Os templos sabeos serían destruídos. Pasou entón á dinastía numaírida fundada por Waththab (9901019) probabelmente en tempo do terceiro emir Mande sobre o 1059, que sobre o 1063 recoñeceu a soberanía fatimita, que durou ata o 1081, en que foi ocupada polo uqaílida Sharaf al-Dawla, aliado turco selxúcida; pero o gobernador uqaílida Yahya ben al-Shatir foi derrubado uns dous anos despois nunha revolta popular; os selxúcidas reprimiron con sangue a revolta e recuperárona.

Edessa foi ocupada polos cruzados o 1104, e na cidade de Harran foi cortada a subministración de auga. O 7 de maio de 1104 foi teatro da chamada batalla de Harran, librada no val do río Balikh (a uns dous días a pé da cidade e nun lugar próximo a Al-Raqqah) na que foi feito prisioneiro o conde Balduíno de Edessa, despois rei de Xerusalén. O 1114 foi destruída en parte por un terremoto. Imad al-Din Zengi fundou a (dinastía zengita) e incorporou Harran aos seus dominios o 1127.

Nur al-Din apoderouse dela o 1149 e embeleceuna cando foi destruída severamente por un terremoto o 1156, e igualmente Saladino, mentres estivo baixo dominio dos aiúbidas. O 1181 foi doada en feudo a Muzaffar al-Din Abu Said Gokburi e o 1191 Saladino deuna en feudo a Malek al-Adil. O 1202 foi nomeado gobernador Hadjib Ali por conta do sultán aiúbida Malik al-Ashraf. O 1237 foi ocupada polos khwarízmidas, pero tres anos despois foi recuperada polo aiúbida Malik al-Nasir; a cidade rendeuse sen combate aos mongois o 1260.

Taki al-Din Ahmed, famoso teólogo, naceu en Harran o 1263. O 1271 foi atacada sen éxito por Ala al-Din Taybars, e os mongois en represalia transferiron aos habitantes a Mosul e Mardin e destruíron a cidade, incluíndo as mesquitas deixando só a cidadela.

Dominio mameluco editar

O 1303, despois da vitoria dos mamelucos, toda a Djazira incluíndo Harran pasou aos gañadores.

Foi unha aldea durante séculos, pero modernamente construíuse unha nova cidade a uns dous km da vella, onde permanecen as ruínas, que son un atractivo turístico.

Véxase tamén editar