Hao Jingfang
Hao Jingfang (chinés simplificado: 郝景芳; pinyin: Hǎo Jǐngfāng), nada en Tianjin en 1984, é unha escritora chinesa e economista marxista, co rango de experta asesora, parte do comité CDRF (China Development Research Foundation) que asesora sobre macroeconomía ao Consello do Estado chinés.
Nome orixinal | (zh) 郝景芳 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xullo de 1984 (39 anos) Tianjin, República Popular da China |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Popular da China |
Educación | Universidade Tsinghua - economía (–2013) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio |
Ocupación | novelista , escritora , ensaísta , escritora de ciencia ficción |
Xénero artístico | Ciencia ficción |
Lingua | Lingua chinesa |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2018 | World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) |
Premios
| |
Traxectoria editar
Tras cursar estudos de Física na Universidade de Tsinghua e licenciarse no Centro de Astrofísica da mesma localidade, Hao obtivo un doutoramento en Economía e Administración de Empresas. A súa análise económica e obra narrativa combínase no relato longo Entre as dobras de Pequín (premio Hugo ao mellor relato do ano 2016) unha historia que trata sobre como se pode reforzar unha maior estratificación social grazas a melloras na produtividade derivadas da tecnoloxía. Aproveitando a notoriedade do galardón, fundou un proxecto empresarial con fins sociais, WePlan, para fomentar a educación infantil en rexións rurais e pobres da China.
Obra editar
Cun perfil moi enfocado na ciencia ficción, con obras do xénero galardoadas co Yinhe (Galaxy) e o Xingyun (Nebula), Hao Jingfang circunscríbese pola crítica nun espectro máis amplo, dentro da narrativa xeralista. Por exemplo, a súa novela Born in 1984 é un exemplo de narrativa xeralista, así como o seu libro de ensaios sobre viaxes Return to Charon.[1]
Publicacións editar
- The Last Brave Man publicado no 2012, ciencia ficción onde o futuro é moi próximo ao presente actual, en proxecto para ser trasladada ao cinema por parte do director Yang Chao [2]
- Return to Charon (平装) publicado en agosto do 2012.
- Entre as dobras de Pekín (北京折叠) novela publicada no 2015 , ISBN 978-3942788380.
- Born in 1984 publicada no 2016.
- Vagabundos (流浪苍穹) novela publicada no 2018, ISBN 978-3499274183.
- O tren de aninovo (过年回家) relato curto publicado na revista ELLE en xaneiro de 2017, por encargo, o que segundo o crítico Ken Liu reflexa o crecente interese na ciencia ficción en China por parte do públixo xeral[3]. O conto narra como unha empresa de trens inventa o desprazamento por curva braquistócrona para permitir que todos os chineses volvan as súas vilas e provincias durante o aninovo chino, unha pequena migración interna anual chinesa moi complexa de soster polo transporte público e privado chinés actual.
- Journey of God publicado en agosto do 2021
Notas editar
- ↑ Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 217–. ISBN 978-84-9181-924-0.
- ↑ https://www.chinadaily.com.cn/culture/2017-03/02/content_28401694.htm
- ↑ Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 218–. ISBN 978-84-9181-924-0.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- 郝景芳 (La literatura china traducida en España)