Hamilton, Nova Zelandia

cidade neozelandesa da rexión de Waikato

Hamilton é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, cunha poboación estimada duns 169.300 habitantes (2018), o que fai dela a cuarta cidade máis grande do país, por detrás de Auckland, Wellington e Christchurch. A cidade está situada na rexión de Waikato, na beira do Lago Rotorua, a uns 130 quilómetros ó sur de Auckland.

Modelo:Xeografía políticaHamilton, Nova Zelandia
Kirikiriroa (mi)
Hamilton (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aJohn Hamilton Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 37°47′00″S 175°17′00″L / -37.7833, 175.2833Coordenadas: 37°47′00″S 175°17′00″L / -37.7833, 175.2833
Reinos da CommonwealthNova Zelandia
RexiónWaikato
Distrito (pt) TraducirHamilton City (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación176.500 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.592,96 hab./km²)
Xeografía
Superficie110,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude40 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+12 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico07 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webhamilton.govt.nz… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Os primeiros misioneiros que visitaron a zona fixérono polo ano 1830. Unhas décadas despois, en 1863, cando os primeiros colonos occidentais se asentaron na zona, a maioría dos 3.400 maorís que vivían alí deixaron os seus fogares para loitar fronte ós británicos nas liortas que tiñan lugar mais ó oeste. Unha vez rematas as Guerras Maorís (1845-1872), comezou a construción do ferrocarril que xuntaba Hamilton con Auckland, inaugurado en 1877. Dous anos despois estreouse a primeira ponte sobre o río Hamilton, para unir Hamilton East con Hamilton West.

Aínda que a cidade naceu no seu tempo como un centro de servizos para unha rexión agrícola, co tempo acabou converténdose nunha cidade universitaria cuns 40.000 estudantes, na que ten moita importancia a investigación científica e tecnolóxica.

Actualmente Hamilton ten 3 universidades. A Universidade de Waikato inaugurouse en 1964, o Instituto de Tecnoloxía de Waikato en 1968, e a Te Wānanga o Aotearoa en 1993.

Demografía editar

Os 203.400 habitantes da cidade son o 65'3% descendentes de europeos, o 19'9% maorís, o 10'6% descendentes de asiáticos orientais, e o resto son descendentes de diversas etnias do Pacífico, África, Oriente Medio, India etc.

Deporte editar

Na cidade de Hamilton, ó igual que no resto do país, o rugby é o deporte mais importante. O Waikato Rugby Union disputa cada ano a ITM Cup (liga neozelandesa de rugby), acadando a vitoria nos anos 1992 e 2006. Por outra banda, os Waikato Chiefs compiten no torneo Super Rugby (máxima competición de rugby do Hemisferio Sur) dende 1996, acadando o subcampionato no ano 2009. Ámbolos dous equipos xogan como locais no Waikato Stadium, que pode acoller a 30.000 seareiros, e no cal se disputaron tres encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar