Hamady N'Diaye

baloncestista senegalés

Hamady Barro N'Diaye, nado o 12 de xaneiro de 1987 en Dakar, Senegal, é un xogador senegalés de baloncesto profesional que xoga no Élan Béarnais da LNB Pro A.

Hamady N'Diaye
Élan Béarnais
Información persoal
Nacemento 12 de xaneiro de 1987 (37 anos)
Dakar, Senegal
Nacionalidade Senegal Senegal
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto Stoneridge Preparatory School
(Simi Valley, California)
Universidade Rutgers (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 2 / Elección: 56
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Washington Wizards (2010–2012)
Dakota Wizards (2011)
Iowa Energy (2012)
Maine Red Claws (2012)
Guangzhou Liu Sui Whampoa (2012)
Tianjin RongGang (2012–2013)
Sacramento Kings (2013–2014)
Reno Bighorns (2013–2014)
Delaware 87ers (2014)
Guangxi Rhinos (2014)
Byblos Club (2014–2015)
Terrafirma Dyip (2015)
Bnei Herzliya (2015–2016)
Mighty Sports (2016)
Unicaja Málaga (2016–2017)
Bnei Herzliya (2017)
Sidigas Avellino (2017–2019)
BCM Gravelines-Dunkerque (2019–2020)
Élan Béarnais (2020–presente)

Traxectoria profesional editar

Antes de ser elixido do draft da NBA de 2010, N'Diaye era o pivote titular para os Scarlet Knights da Universidade de Rutgers. Hamady creceu no Senegal e foi aos Estados Unidos para ir ao instituto a Stoneridge Preparatory School en Simi Valley, California.

Na tempada 2009-10, N'Diaye conseguiu 145 tapóns e fixo 4.5 tapóns por partido (a terceira marca máis alta do país). O 9 de marzo de 2010, durante a derrota por 69-68 contra Cincinnati no Big East Tournament, N'Diaye rematou a tempada con 358 tapóns na súa carreira, e 145 na tempada. N'Diaye foi galardoado co premio ao xogador defensivo do ano.

O 24 de xuño de 2010, N'Diaye foi escollido na 56ª posición do draft da NBA polos Minnesota Timberwolves. Os seus dereitos foron traspasados aos Washington Wizards. O 6 de xaneiro de 2011, N'Diaye foi asignado aos Dakota Wizards na NBA D-League.[1] Foi chamado por Washington o 4 de febreiro de 2011.[2] O 1 de xaneiro de 2012, foi asignado aos Iowa Energy da D-League.[3] Foi cortado polos Wizards o 7 de febreiro de 2012.[4] O 27 de febreiro de 2012, asinou cos Maine Red Claws da D-League.[5]

Antes do comezo da tempada 2012-13, uniuse ós Sacramento Kings.[6]

Notas editar

  1. "Wizards send Ndiaye to NBADL". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 16 de maio de 2011. 
  2. Wizards bring back Hamady Ndiaye
  3. "NBA transactions". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de febreiro de 2012. 
  4. Wizards waive Hamady Ndiaye
  5. "RED CLAWS ACQUIRE HAMADY N'DIAYE". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2012. 
  6. 2012-13 SACRAMENTO KINGS TRAINING CAMP ROSTER

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar