Halmahera ou Gilolo é a maior illa do arquipélago das Molucas. É parte da provincia indonesia de Molucas do Norte.

Halmahera
Gilolo
Localización da illa Halmahera ao norte das illas Molucas
Situación
País Indonesia
ProvinciaMolucas Setentrionais
ArquipélagoIllas Molucas
MarMar das Molucas, océano Pacífico
Coordenadas0°36′N 127°52′L / 0.600, -127.867
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie17.780 km²
Longura máxima366 km.
Largura máxima159 km.
Punto máis alto1.635 m. Monte Gamkonora
Demografía
CapitalTobelo
Poboación449.938 hab. (2010)
Densidade25´3 hab./km²

A superficie de Halmahera é de 17.780 km². A poboación en 1995 era de 162.728 habitantes. O 60% da poboación é musulmá, e o restante 40% cristiá.

Historia editar

 
Un nativo da illa de Halmahera.

A historia de Halmahera está enlazada á historia das próximas illas de Ternate e Tidore, ambas moito máis pequenas e situadas na súa costa occidental. Estas illas foron a base dos reinos máis importantes na época de antes de que a Compañía Holandesa das Indias Orientais colonizara todo o arquipélago.

Durante a segunda guerra mundial, houbo unha base militar xaponesa en Kao Bay.

Entre 1999 e 2000 Halmahera foi o lugar de actos de violencia entre cristiáns e musulmáns, que comezaron como unha disputa puramente étnica entre os residentes de Kao, principalmente cristiáns e Malifut, totalmente musulmá, que logo adquiriu un carácter relixioso, segundo estendíase por gran parte das Molucas do Norte. Miles de persoas de Halmahera morreron nos combates entre as milicias relixiosas, incluíndo grupos como Laskar Jihad e a FPI Fronte Defensores Islámicos que chegaron de Xava en grandes cantidades. En xuño de 2000, ao redor de cincocentas persoas morreron cando un transbordador cos refuxiados da loita en Halmahera afundiuse fronte á punta nordés das illas Célebes. Abundan teorías de conspiración sobre este suceso. Un monumento desta traxedia pódese atopar na aldea de Duma no norte do distrito de Halmahera.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar