Carqueixa boieira
Carqueixa boieira Halimium lasianthum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Halimium lasianthum | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Halimium lasianthum Spach | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
A carqueixa boieira,[1] Halimium lasianthum, é unha especie de planta fanerógama arbustiva da orde das malvales e familia das cistáceas, unha das comprendidas no xénero Halimium.
De até un metro de altura, ten follas oblongas e flores reunidas en grupos con pétalos amarelos.
Non confundir con carqueixa (Genista tridentata).
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1836 polo botánico francés Édouard Spach, nun traballo publicado en Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 2, 6: 366.[2]
Sinónimo
editarCoñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Cistus lasianthus Lam. (protónimo)
Subespecies
editarRecoñécense dúas subespecies:[2]
- Halimium lasianthum alyssoides (Lam.) Greuter
- Halimium lasianthum lasianthum Spach
Características
editarOrixinaria da Península Ibérica (Portugal, oeste de España), do suroeste de Francia e do noroeste de África (Marrocos),[3] é un arbusto perennifolio que crece até 1 m de altura por 1,5 m de ancho, con follas de cor verde agrisada e flores amarelas brillantes na primavera. As flores poden ter unha mancha granate na base de cada pétalo.[4][5]
Para cultivar esta planta requírese un solo areoso e pleno sol.[6]
Notas
editar- ↑ carqueixa boieira no Dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Halimium lasianthum (Lam.) Spach no GBIF. Consultado o 13 de decembro de 2021.
- ↑ "Halimium lasianthum (Lam.) Spach" (PDF). Flora Ibérica. Consultado o 13 de decembro de 2021.
- ↑ RHS A-Z encyclopedia of garden plants. United Kingdom: Dorling Kindersley. 2008. ISBN 978-1-4053-3296-5.
- ↑ "Halimium lasianthum". Cistus & Halimium website. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2021.
- ↑ "Halimium lasianthum". www.rhs.org.uk (en inglés). Consultado o 2022-03-22.