O Hokejový klub mesta Zvolen ou HKm Zvolen é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Zvolen, Eslovaquia. Actualmente compite na Extraliga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco, competición da cal é o actual campión. Xoga os seus partidos como local no Zvolen Ice Stadium, un pavillón con capacidade para 5.633 espectadores.

HKm Zvolen
Fundación1927
Cidade Zvolen,
Banská Bystrica
Eslovaquia Eslovaquia
EstadioZvolen Ice Stadium
(5.633 espectadores)
LigaExtraliga Eslovaca
Campionatos1
DirectorEslovaquia Milan Čanky
AdestradorEslovaquia Peter Mikula
CoresAzul, amarelo e vermello
                 
Na rede
https://www.hkmzvolen.sk/

Historia editar

Fundación e primeiros anos editar

O club foi fundado o 18 de marzo de 1927 como ZTC Zvolen. Non obstante, o seu primeiro partido oficial tivo lugar en 1932, cando se enfrontou ao Slávia Banská Bystrica. O equipo perdeu no seu primeiro partido fronte ao Slávia por 0-18 e por 1-20 o segundo. O Zvolen xogou o seu primeiro partido como local o 14 de febreiro de 1923, perdendo por 0-2 fronte ao Slávia. Na tempada 1933-34 xogou por primeira vez nunha copetición organizada, o Campionato de Stredoslovenská župa. Na tempada seguinte gañou o seu primeiro partido oficial fronte ao Sokol Kremnica. O hóckey sobre xeo foi xogado na cidade de Zvolen mesmo durante a segunda guerra mundial. Logo do conflito bélico, o club tivo uns anos moi exitosos entre 1947 e 1953 que posteriormente se atenuou.

Durante a era checoslovaca editar

A renovación do hóckey en Zvolen comezou en 1964, establecéndose o club Lokomotíva Bučina Zvolen. En 1970 o equipo ascendeu á 1. SNHL (1. Slovenská národná hokejová), a segunda categoría do hóckey en Checoslovaquia. Na súa primeira tempada na segunda categoría finalizaron na 6ª posición. Na tempada 1971-72 finalizou 3º, e ao ano seguinte proclamouse campión da 1. SNHL, sendo o seu máximo anotador Jozef Golonka. Zvolen clasificouse para a rolda preliminar daExtraliga Checoslovaca, onde perderon 7 dos seus 8 partidos, polo que non conseguiu o ascenso á Extraliga. Zvolen gañou novamente a 1. SNHL na tempada 197475, sendo o máximo anotador da liga o dianterio do Zvolen Ján Letko (48 goles). Non obstante, o equipo perdeu novamente na rolda preliminar para ascender á Extraliga fronte ao Ingstav Brno e quedou novamente ás portas de xogar na máxima categoría. Na tempada 1975-76 revalidou o título da 1. SNHL, perdendo outra vez nas series polo ascenso por 3 a 4 fronte ao TJ Gottwaldov. A súa cuarta e derradeira vitoria na 1. SNHL chegou na tempada 197778, mais unha vez máis perderon nas series polo ascenso fronte ao TJ Gottwaldov por 2 a 4, polo que Zvolen nunca chegou a debutar na máxima categoría do hóckey sobre xeo checoslovaco.

Era eslovaca editar

 
Zvolen (en azul) fronte ao Dynamo Moscova na IIHF Continental Cup 2005.

Trala disolución de Checoslovaquia, o Zvolen foi un dos equipos que participou na tempada inaugural da Extraliga Eslovaca, mais descendeu á 1. hokejová liga SR tras finalizar na última posición. O club gañou a segunda categoría na tempada 199697 e regresou á Extraliga tres anos despois do seu descenso. Na tempada 1997–98 finalizou na quinta posición na liga regular e caeu nos cuartos de final fronte ao Dukla Trenčín. Na tempada seguinte o equipo chegou ás semifinais tras derrotar ao Trenčín nos cuartos de final, mais caeron fronte ao Slovan Bratislava. O Zvolen xogou a súa primeira final por primeira vez na súa historia na tempada 1999-00, mais caeu fronte ao Slovan por 2 a 3. A tempada máis exitosa da historia do club foi a tempada 2000-01, cando finalizou na primeira posición a liga regular e derrotou por 3-0 ao MHC Mountfield Martin nos cuartos de final, por 3–0 ao HK Poprad nas semifinais, e por 3–1 ao Dukla Trenčín nas finais, proclamándose campión da Extraliga Eslovaca por primeira vez na súa historia. Ján Plch (79 Pts), Richard Šechný (70 Pts) e Petr Vlk (64 Pts) foron os tres líderes da liga regular da Extraliga, mentres que Šechný (19 Pts) foi o líder de anotación nos play-offs.

Dende 2001 o HKm Zvolen foi finalista nas series polo título en catro ocasión mais só puido gañar un título dende ese ano, o da tempada 2012-13.

Continental Cup editar

Ademais do seu triunfo na Extraliga Eslovaca en 2001, o HKm Zvolen foi campión da IIHF Continental Cup. Na 8ª edición da competición en 2005 chegou á fase final celebrada na cidade de Székesfehérvár (Hungría) fronte ao HC Dynamo Moscova, Alba Volán Székesfehérvár e Milano Vipers. HKm Zvolen gañou os tres partidos e converteuse no terceiro equipo eslovaco en gañar a competición despois de que o conseguiran o HC Košice (1998) e o HC Slovan Bratislava (2004).

Palmarés editar

Títulos nacionais editar

Títulos internacionais editar

Xogadores editar

Xogadores destacados editar

Entre os antigos xogadores do club destacan os xogadores da NHL Michal Handzuš, Ján Lašák, Vladimír Országh, Richard Zedník ou Dušan Milo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar