O HK Orange 20 é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Bratislava, Eslovenia. Actualmente está integrado por xogadores sub-20 e compite na Extraliga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco. Xoga os seus partidos como local no Zimný štadión Ondreja Nepelu, un pavillón con capacidade para 10.000 espectadores.

HK Orange 20
Fundación2007
Cidade Bratislava,
Bratislava
Eslovaquia Eslovaquia
EstadioZimný štadión Ondreja Nepelu
(10.000 espectadores)
LigaExtraliga Eslovaca
1. liga
DirectorEslovaquia Jozef Frühauf
AdestradorEslovaquia Anton Tomko
CoresLaranxa, branco e negroo
                 
Na rede
http://hkorange20.tipsportextraliga.sk

Historia editar

Debido ao decepcionante papel do equipo nacional júnior no Campionato do Mundo, decidiuse que a partir da tempada 2007-08, a selección eslovaca U20 xogará na Extraliga. Isto débese en parte tamén ao nerviosismo xerado logo de que a selección U18 descendera e a U20 estivera a piques de facelo. Os xogadores máis novos dos equipos da liga foron recolocados no equipo, cunha cantidade notable de xogadores procedentes do HK Dukla Trenčín e do HC Slovan Bratislava.

O equipo só xoga partidos os venres e domingos. Tamén está excluído da última semana de competición antes do descanso de inverno para que o equipo poida prepararse para o Campionato do Mundo U20 da IIHF.