HD 89307 (HIP 50473 / GC 14140 / SAO 99049)[1] é unha estrela na constelación de Leo de magnitude aparente 7,06. Atópase a 108 anos luz de distancia do Sistema Solar. No 2004 anunciouse o descubrimento dun planeta extrasolar en órbita ó redor desta estrela.

HD 89307
Data de observación
Época X2000.0      Equinoccio X2000.0
Constelación Leo
Ascensión recta 10h 18m 21.2877s
Declinación +12° 37′ 15.990″
Magnitude aparente (V) 7.06
Magnitude absoluta (V)4.47
Distancia108 al
(33 pc)
Tipo espectralG0V
Outras denominacións
Referencias en bases de datos
SIMBADdatos

HD 89307 é unha anana amarela de tipo espectral G0V cunha temperatura superficial de 5835 K.[2] É un análogo solar, unha estrela cunhas características físicas que son moi semellantes ás do Sol. Cunha luminosidade aproximadamente un 24% maior cá solar,[3] a súa masa é apenas o 1% máis grande cá do Sol,[2] sendo o seu radio un 10% máis grande có radio solar e xira sobre si mesma a unha velicidade estimada de 2,9 km/s.[3] En canto a súa idade , pode ser unha estrela un pouco máis vella có Sol, cunha idade estimada de 4900 ± 2900 de anos.[2]

HD 89307 presenta un contido metálico un 25% inferior ó solar, sendo o seu índice de metalicidade [Fe/H] = -0,12.[2] Os niveis de silicio, titanio, sodio e níquel son tamén inferiores ós do Sol.[3] En canto ó litio, a abundancia relativa deste elemento (logє[Li] = 2,10) é inferior ó valor cósmico.[2]

Sistema planetario editar

No 2004 deuse a coñece-la existencia dun planeta xigante, denominado HD 89307 b, orbitando ó redor de HD 89307, cunha masa mínima de 2 veces a masa de Xúpiter. A diferenza doutros exoplanetas descubertos que se atopan moi preto das súas respectivas estrelas nai, a separación media entre HD 89307 b e a estrela é de 3,34 UA. O período orbital é de 2199 días.[4]

O sistema HD 89307
Compañeiro
(en orde dende a estrela)
Masa Raio Semieixo maior
(UA)
Período orbital
(días)
Inclinación Excentricidade
b 2 ± 0,4 Mx ? 3,34 ± 0,17 2199 ± 61 ? 0,25 ± 0,09

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar