O HC VERVA Litvínov é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Litvínov, República Checa. O club foi fundado en 1945 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa. Xoga os seus partidos como local no Zimní stadion Ivana Hlinky, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.[1]

HC VERVA Litvínov
Fundación1945
Cidade Litvínov,
Ústí nad Labem
República Checa República Checa
EstadioZimní stadion Ivana Hlinky
(7.000 espectadores)
LigaExtraliga Checa
AdestradorRepública Checa Vladimír Jeřábek
República Checa Petr Rosol
CoresAmarelo, negro e branco
                 
Na rede
https://www.hcverva.cz/index.asp?cover=nikdy
Facebook: hcverva Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O equipo foi fundado o 8 de novembro de 1945 co nome de Sportovní klub Stalinovy závody Horní Litvínov.[2] En 1959 ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo en Checoslovaquia e dende aquela nunca descendeu.

Nas tempadas 1996-97 e 1998-99 xogou a IIHF European Champios Cup, alcanzando os cuartos de final na súa primeira participación.

O equipo conseguiu o subcampionato de liga en catro ocasión (1978, 1984, 1991 e 1996), se ben agás na 1995-96 todas foron antes da desaparición de Checoslovaquia.

Denominacións editar

  • 1945 – Sportovní klub Stalinovy závody Horní Litvínov
  • 1954 – Jiskra SZ Litvínov
  • 1962 – CHZ (Chemické závody) LITVÍNOV
  • 1990 – HC (Hockey club) CHZ Litvínov
  • 1991 – HC Chemopetrol Litvínov
  • 1994 – HC Litvínov, s. r. o.
  • 1996 – HC Chemopetrol, a. s.
  • 2007 – HC Litvínov
  • 2009 – HC BENZINA Litvínov
  • 2011 – HC VERVA Litvínov

Xogadores editar

Campións Mundiais, Olímpicos e campións da Stanley Cup editar

Xogadores destacados editar

Notas editar

  1. O Zimní stadion Ivana Hlinky en www.hokej-litvinov.cz Arquivado 28 de agosto de 2007 en Wayback Machine. (en checo)
  2. Historia do club en www.hokej-litvinov.cz/ Arquivado 09 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en checo)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar