H. Rap Brown

activista estadounidense

Hubert Gerold Brown, nado en Baton Rouge (Louisiana) o 4 de outubro de 1943, é un activista e líder relixioso estadounidense, coñecido tamén como H. Rap Brown e como Jamil Abdullah Al-Amin, ) nome que adoptou legalmente a comezos da década de 1970. Ao longo da súa carreira foi líder do Comité Coordinador Non Violento de Estudantes (Student Nonviolent Coordinating Committee), e secretario de Xustiza do Partido Pantera Negra. Actualmente cumpre cadea perpetua por homicido.

H. Rap Brown
Nome completoHubert Gerold Brown
Nacemento4 de outubro de 1943
Lugar de nacementoBaton Rouge
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
RelixiónSunnismo
Alma máterMcKinley Senior High School
Ocupaciónactivista, escritor e activista político
Coñecido porDie, nigger, die!
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras estudar Socioloxía na Southern University de Xeorxia, desprázase no 1964 a Washington, D.C., e comeza a frecuentar o ambiente próximo á Howard University, onde estudaba o seu irmań. Nese época comeza a involucrarse na loita pola xustiza social, concretamente no Comité Coordinador Non Violento de Estudantes, do que accede á presidencia no 1967. No mesmo 1967 é detido en Cambridge, Maryland, e acusado de incitación á revolta por un apaisonado discurso que derá nesa cidade. Abandona o Comité Coordinador Non Violento de Estudantes no 1968 para entrar nas Panteras Negras, das que exercerá o cargo de Secretario de Xustiza.

Chegou a aparecer no lista dos dez máis buscados do FBI despois de non presentarse a un proceso no que ía ser xulgado por incitar á revolta e por cruzar unha fronteira interestatal cunha arma. Estivo fuxido dezaoito meses até que foi arrestado tras un tiroteo con axentes da policía en 1971 en Nova York. A policía declarou que Rap Brown protagonizaba un asalto frustrado a un bar.

Entre 1971 e 1976 cumpre condena por atraco na prisión de Attica. En prisión convértese ao islam e cambia o seu nome polo de Jamil Abdullah al-Amin. Despois de ser liberado, estableceuse en Atlanta, abriu un supermercado, e comezou a exercer como líder espiritual musulmám, facendo campaña contra as drogas e o xogo.

Incidente do ano 2000 editar

O 16 de marzo do ano 2000 os axudantes do Sheriff Ricky Kinchen and Aldranon English acudiron a cada de al-Amin para arrestalo por non comparecer nun caso relacionado cunha infracción de tráfico. Tras comprobar que non había ninguén na casa marcharon, pero no camiño de volta cruzáronse cun Mercedes negro que se dirixía á casa. Dando a volta á redonda pararon o coche fronte a fronte. Nese momento, mentres English se achegaba, o ocupante disparou cun rifle contra el. English recibiu catro disparos, Kinchen tamén foi atinxido e ademais recibiu tres disparos posteriores nos xenitais, esta vez cun revólver. Kinchen morreu ao día seguinte polas feridas, English sobreviviu e identificou a al-Amin como o agresor tras serlle amosadas varias fotos.

Pouco despois do incidente, al-Amin foxe a White Hall, Alabama, onde é seguido e detido por axentes da orde, tras catro días de procura. No momento da detención, al-Amin levaba un chaleco antibalas e preto da zona do arresto atopáronse dúas armas que coincidían coas empregadas no crime, teoría que refrendada polas análises balísticas. Ao pouco tempo tamén se achou o seu Mercedes negro con furados de bala.

O 9 de marzo de 2002, al-Amin foi xulgado por trece cargos criminais, entre eles o asasinato do axudante Kinchen. Catro días despois foi sentenciado a cadea perpetua.

Tras esta condena, simpatizantes de al-Amin defenderon que outro home (Otis Jackson) era o verdadeiro culpábel. Aseguraron tamén que o xuízo estaba cheo de irregularidades e motivado por unha persecución política. Por unha banda, Otis Jackson recoñecera (para arrepentirse despois) a súa participación no tiroteo. Tamén existía a evidencia de que al-Amin non presentaba feridas, cando os investigadores aseguraron que o atacante fora ferido no incidente. Por outra banda, al-Amin non foi capaz de indicar no xuízo onde se atopaba no momento do tiroteo, e tampouco porque fuxiu a outro estado, os furados de bala do seu coche ou porque se atoparon as armas nas súas proximidade. No ano 2004, a Corte Suprema de Xeorxia conformou unanimemente a condena.

En agosto de 2007 al-Amin foi transferido á custodia federal, dende outubro de 2007 cumpre condena nunha prisión federal de Florence, Colorado.

Bibliografía editar

  • Die Nigger Die!: A Political Autobiography, H. Rap Brown, Lawrence Hill Books, 1969
  • Revolution by the Book, 1993

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

(en inglés)