O héptatlon é unha competición do atletismo actual que consta de sete probas, realizadas en dous días consecutivos e polo mesmo atleta. O nome ven do grego hepta (sete) e athlon (proba).

Existen dous tipos diferentes de héptatlon, dependendo de se se realiza en pista cuberta ou ó aire libre.

Héptatlon en pista cuberta editar

 
Podio do héptatlon nos Campionatos Europeos de Atletismo en pista cuberta do 2009 en Turín.

Proba que se realiza en campionatos de atletismo de pista cuberta. Esta proba realízana os atletas masculinos absolutos.

O primeiro día dispútanse as seguintes probas e nesta orde:

No segundo día:

Héptatlon ó aire libre editar

Esta proba realízase oficialmente en campionatos e só é unha proba feminina. O primeiro día dispútanse as seguintes probas e nesta orde:

No segundo día:

Actualmente, unha das máximas figuras desta modalidade é a sueca Carolina Klüft, campioa olímpica en 2004 e dobre campioa mundial.

O actual récord do mundo de héptatlon mulleres en pista ó aire libre é:

Marcas editar

Marca Atleta País Lugar Data
7291 Jackie Joyner-Kersee   Estados Unidos Seúl 24-09-1988
7032 Carolina Klüft   Suecia Osaka 26-08-2007
7001 Larisa Turchinskaya   Unión Soviética Bryansk 11-06-1989
6985 Sabine Braun   Alemaña Götzis 31-05-1992
6942 Ghada Shouaa   Siria Götzis 26-05-1996
6935 Ramona Neubert   Alemaña Oriental Moscova 19-06-1983
6889 Eunice Barber   Francia Arlés 05-06-2005
6859 Natalya Shubenkova   Unión Soviética Kíiv 21-06-1984
6858 Anke Vater-Behmer   Alemaña Oriental Seúl 24-09-1988

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar