Héctor Zelaya

futbolista hondureño

Héctor Ramón Zelaya Rivera (tamén coñecido como Pecho de Águila) nado o 12 de agosto de 1957 en Trinidad (Santa Bárbara), é un exfutbolista hondureño. Xogaba de defensa e consagrouse na historia do fútbol hondureño ao marcar o primeiro gol de Honduras nun mundial de fútbol (España 1982).

Héctor Zelaya
Información persoal
Nome Héctor Ramón Zelaya Rivera
Nacemento 12 de agosto de 1957 (66 anos)
Lugar de nacemento Trinidad
Altura 1,73 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Motagua
1982–1983 Deportivo da Coruña 0 (0)
Motagua
Selección nacional
1977 Honduras sub-20 3 (0)
1980–1982 Honduras 10 (0)
Na rede
FIFA: 60317 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A curta carreira futbolística de Zelaya comezou en 1976 cando se converteu nese momento nun dos xogadores máis novos (17 anos) en debutar na Liga Nacional hondureña. Ese debut levouse a cabo o 7 de marzo nun partido no que o Club Deportivo Motagua derrotou ao Campamento de Olancho por 1-0. Co Motagua "Pecho de Águila" gañou o seu único torneo en 1978. Na final dese torneo o Motagua venceu ao Real Club Deportivo España por 1-0 en Tegucigalpa, e logo por 4-1 en San Pedro Sula.

Case inmediatamente despois do seu debut, Héctor Zelaya foi convocado por Rodolfo “Popo” Godoy , xunto a Gilberto Yearwood, Porfirio Armando Betancourt entre outros, a formar parte da selección xuvenil que participou en Porto Rico, rumbo ao primeiro mundial xuvenil de Tunisia 1977. Nese torneo, Honduras foi un dos dos equipos clasificados, xunto a México. En Tunisia "Pecho de Águila” foi partícipe dunha prometedora selección hondureña, que terminou segunda do seu grupo; logo de derrotar a Marrocos e a Hungría, perdendo a súa clasificación na segunda rolda, a mans de Uruguai.

Despois de participar en Tunisia, Zelaya foi convocado polo adestrador José de la Paz Herrera para formar parte da selección, que participara nas eliminatorias (1981) e no mundial de España 1982. Unha vez rematada a súa participación mundialista, Zelaya pasou a formar parte do Deportivo da Coruña, pero unha vella lesión que arrastraba desde 1980 impediulle chegar a render o esperado no club galego.

Tras de varias fisioterapias en terras españolas, Zelaya finalmente deuse conta que nunca chegaría a recuperarse; polo que decidiu volver a Honduras e retirase do fútbol definitivamente á temperá idade de 24 anos. No seu último partido de fútbol, que Héctor Zelaya xogaba para o seu querido Club Motagua, e participou na vitoria deste por 1-0 ante o Club Deportivo de la Universidad.

Na actualidade, Zelaya dirixe un proxecto con rapaces marxinados dos barrios de Tegucigalpa, chamado "Fútbol para la vida", no que están involucrados máis de 15.000 nenos.

Selección nacional editar

Zelaya foi internacional coa selección de Honduras.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar