Conde Gyula István Cseszneky de Milvány et Csesznek, nado en Nagymajor (Hungría) en 1914 e finado no Brasil despois de 1956, foi un poeta, tradutor, militar e espía húngaro que participou na reanexión de Transilvania do Norte por Hungría, tivo o cargo de axudante do campo do rei croata Tomislav II e o do gran voivoda macedonio. Tamén foi involucrado en diferentes conspiracións antinazis e xogou un papel importante no rescate dos xudeus perseguidos.

Gyula Cseszneky
Nacemento28 de xuño de 1914
Lugar de nacementoStráňany
Falecemento1970
Lugar de falecementoBrasil
NacionalidadeHungría
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpoeta, aristócrata e literary translator
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cseszneky foi o fillo dun nobre empobrecido e da herdeira dun comerciante acomodado. Cursó os seus estudos en Hungría e Italia.[1]

En 1940, despois do Segundo arbitraje de Viena participou na reanexión de Transilvania do Norte, e debido ao seu heroísmo excepcional demostrado durante a marcha, Miklós Horthy, Rexente de Hungría conferiulle o título "vitéz".[2]

En 1941, durante a segunda guerra mundial, converteuse nun conselleiro de Aimone, que entón era o rei Tomislav II do Estado Independente de Croacia. En agosto de 1943, grazas aos seus amigos influyentes italianos e os seus parentes nos Balcanes, o Conde Cseszneky foi nomeado como gran voivoda macedonio.[3]

O Conde Cseszneky só foi un gobernador nominal e intentou conseguir contactos cos gobernos aliados. En setembro de 1943, como Alemaña nazi encargouse do exército italiano, obrigóuselle renunciar e foi arrestado pola Gestapo. Conseguiu fuxirse a Hungría onde serviu como contacto entre o goberno de Miklós Kállay e os participantes do golpe antinazi croata Lorković-Vokić.[3][4][5]

Durante a ocupación alemá de Hungría colaborou con Ángel Sanz Briz e Giorgio Perlasca no rescate dos xudeus perseguidos.[6]

Logo da guerra, emigrou con Aimone de Aosta á Arxentina e despois morreu no Brasil.[7]

Notas editar

  1. Cseszneky de Milvány et Csesznek
  2. Vitézi Rend
  3. 3,0 3,1 Szilágyi Aladár: Operettállam
  4. "Βοεβοδάτο της Μακεδονίας"
  5. Michele Rallo: I “Regni-meteora” nell’Europa Orientale durante le guerre mondiali (“Storia del Novecento”, anno V, n. 89, settembre 2008)
  6. Gróf Milványi Cseszneky Gyula és Mihály Emlékbizottság
  7. Βοεβοδάτο της Μακεδονίας"

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Szilágyi, Aladár: - Operettállam (in Erdélyi Riport)
  • Andreanu, José: - Los secretos del Balkan
  • Sankó, L.: - A csallóközi nemesi közbirtokosság
  • Toso, Fiorenzo: - Frammenti d'Europa
  • Kalimniou, Dean: - Alkiviadis Diammandi di Samarina (in Neos Kosmos English Edition, Melbourne, 2006)
  • Thornberry, Patrick und Miranda Bruce-Mitford: - World Directory of Minorities. St. James Press 1990
  • Koliopoulos, Giannēs S. und John S. Koliopoulos: - Plundered Loyalties: Axis Occupation and Civil Strife in Greek West Macedonia. C. Hurst & Co, 1990.
  • Horváth Mihály: A magyar nemzet története
  • Seidl-Bonitz-Hochegger: Zeitschrift für Niederösterreichischen Gymnasien XIV.

Ligazóns externas editar