Coordenadas: 36°39′43″N 27°06′54″L / 36.662, 27.115

Gyali - Γυαλί
Vista da illa
Canteiras de pedra pómez en Gyali.
Datos
Capital
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Dodecaneso
Linguas Grego
Poboación (2001) 10 hab.
Superficie km²
Densidade
Coordenadas 36°40′N 27°07′L / 36.667, -27.117
Maior Altura 180 m Monte Volcano
Localización
Localización da illa

Gyali (en Grego moderno: Γυαλί "cristal", tamén chamada Yiali ou Yali, pronunciado ʝaˈli) é unha illa grega volcánica do arquipélago do Dodecaneso localizada a medio camiño entre a costa meridional de Cos e Nísiros. Componse de outeiros de lava de obsidiana riolítica e de depósitos de pedra pómez.[1] A illa ten dous segmentos distintos, coa parte nordés case na súa totalidade de obsidiana e a parte suroeste de pedra pómez. Estes segmentos están conectados por un estreito istmo e a praia está formada por sedimentos de moderno arrecife.

Mapa de Cos coa illa de Gyali.

Xeografía editar

 
En sentido contrario ás agullas do reloxo: Stroggyli, Gyali, Pergoussa, Pachia e Nissyros.

A illa ten 6 km de longo e entre 500 m e 4 km de ancho. Ten unha cova de 180 m de profundidade. Está desprovista de vexetación. O censo de 2001 achegou unha poboación de 10 habitantes. Administrativamente, forma parte do municipio de Nisiros.

Notas editar

  1. Gyali,[1]<<Global Volcanism Program>> Smithsonian Institution

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar