gvSIG é un proxecto de desenvolvemento de Sistemas de Información Xeográfica en software libre[1], que inclúe principalmente as aplicacións gvSIG Desktop e gvSIG Mobile. gvSIG Desktop foi a primeira aplicación que se desenvolveu dentro do proxecto gvSIG, polo que se coñece tamén como gvSIG.

gvSIG Desktop
Cartografía vectorial e raster en gvSIG.
Desenvolvedor(es)Asociación gvSIG
Última versión2.5.0
(6 de novembro de 2019)
Repositoriogithub.com/gvSIGAssociation
Sistema operativoWindows/GNU/Linux/Mac VOS X
Plataforma/sJava
TipoSistema de Información Xeográfica
LicenzaGNU GPL v2
Sitio webhttp://www.gvsig.org

gvSIG Desktop editar

gvSIG Desktop é un programa informático para o manexo de información xeográfica con precisión cartográfica que se distribúe baixo licenza GNU GPL v2. Permite acceder a información vectorial e rasterizada así como a servidores de mapas que cumpran a especificacións do OGC. Esta é unha das principais características de gvSIG respecto doutros Sistema de Información Xeográfica, a importante implementación de servizos OGC: WMS (Web Map Service), WFS (Web Feature Service), WCS (Web Coverage Service), Servizo de Catálogo e Servizo de Nomenclátor.

Está desenvolvido en linguaxe de programación Java, funcionando cos sistemas operativos Microsoft Windows, Linux e Mac VOS X, e utiliza bibliotecas estándar de GIS recoñecidas, como Geotools ou Java Topology Suite (JTS). Así mesmo, gvSIG posúe unha linguaxe de scripting baseado en Jython e tamén se poden crear extensións en Java utilizando as clases de gvSIG.

Entre os formatos gráficos de Ficheiro máis habituais conta entre outros con acceso a formatos vectoriais GML, SHP, DXF, DWG, DGN, KML e formatos de imaxe rasterizada como MrSID, GeoTIFF, ENVI ou ECW.

Iniciado no ano 2004, é un proxecto de desenvolvemento informático impulsado inicialmente pola Conselleria de Infraestruturas e Transportes[Ligazón morta] da Generalitat Valenciana[2] e a Unión Europea mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Actualmente está impulsado por un conxunto de entidades (empresas, administracións, universidades) englobadas baixo a Asociación gvSIG.[3]

Funcionalidades gvSIG Desktop editar

En gvSIG Desktop atopamos as ferramentas propias dun completo cliente SIG de escritorio, entre outras:

  • Acceso a formatos vectoriais: SHP, GML, KML, DXF, DWG, DGN.
  • Acceso a formatos ráster: BMP, GIF, TIF, TIFF, JPG, JPEG, PNG, VRT, DAT de ENVI, ERDAS (LAN, GIS, IMG), PCI Geomatics (PIX, AUX), ADF de ESRI, ILWIS (MPR, MPL), MAP de PC Raster, ASC, PGM, PPM, RST de IDRISI, RMF, NOS, KAP, HDR, RAW.
  • Acceso a servizos remotos: OGC (WMS, WFS, WCS, WFS-T, WPS), ArcIMS, Ecwp.
  • Acceso a bases de datos e táboas: PostGIS, MySQL, ArcSDE, Oracle, JDBC, CSV.
  • Navegación: zooms, desprazamento, xestión de encadramentos, localizador.
  • Consulta: información, medir distancias, medir áreas, hiperenlace.
  • Selección: por punto, por rectángulo, por polígono, por capa, por atributos, investir selección, borrar selección.
  • Procura: por atributo, por coordenadas.
  • Geoprocesos: área de influencia, recortar, disolver, xuntar, envolvente convexa, intersección, diferenza, unión, enlace espacial, translación 2D, reproyección (só vectorial), geoprocesos Sextante.
  • Edición gráfica: engadir capa de eventos, snapping, reixa, flatness, pila de comandos, desfacer/refacer, copiar, simetría, rotar, escalar, desprazar, editar vértice, polígono interno, matriz, explotar, unir, partir, autocompletar polígono, inserir punto, multipunto, liña, arco, polilínea, polígono, rectángulo, cadrado, círculo, elipse.
  • Edición alfanumérica: modificar estrutura táboa, editar registros, calculadora de campos.
  • Servizo de catálogo e nomenclátor.
  • Representación vectorial: símbolo único, cantidades (densidad de puntos, intervalos, símbolos graduados, símbolos proporcionales), categorías (expresións, valores únicos), múltiples atributos, gardar/recuperar lenda, editor de símbolos, niveis de simboloxía, bibliotecas de símbolos.
  • Representación raster: brillo, contraste, realce, transparencia por píxel, opacidad, táboas de cor, gradientes.
  • Etiquetado: etiquetado estático, etiquetado avanzado, etiquetado individual.
  • Táboas: estatísticas, filtros, orde ascendente/descendente, enlazar, unir, mover selección, exportar, importar campos, codificación, normalización.
  • Construtor de mapas: composición de páxina, inserción de elementos cartográficos (Vista, lenda, escala, símbolo de norte, cajetín, imaxe, texto, gráfico), ferramentas de maquetación (aliñar, agrupar/desagrupar, ordenar, enmarcar, tamaño e posición), grid, persoais.
  • Impresión: impresión, exportación a PDF, a Postscript, a formato de imaxe.
  • Redes: topología de rede, xestor de paradas, custos de xiro, camiño mínimo, conectividade, árbore de recubrimento mínimo, matriz orixes-destinos, evento máis próximo, área de servizo.
  • Raster e teledetección: estatísticas, filtrado, histograma, rango de escalas, realce, salvar a raster, vectorización, rexións de interese, compoñentes xerais, georreferenciación, geolocalización, clasificación supervisada, cálculo de bandas, perfís de imaxe, árbores dedecisión, compoñentes principais, tasselep cap, fusión de imaxes, diagramas de dispersión, mosaicos.
  • Publicación: WMS, WFS, WCS de MapServer, WFS de GeoServer.
  • 3D e animación: Vista 3D plana e esférica, capas 3D, simboloxía 3D, extrusión, edición de obxectos 3D, encadramentos 3D, animación 2D e 3D, visualización estéreo (anaglifo, horizontal split).
  • Topología: construción topológica, edición topológica, xeneralizar, suavizar, investir sentido de liñas, converter capa de liñas/polígonos a puntos, converter capa de polígonos a liñas, triangulación de Delaunay/Poligonación de Thiessen, build, clean, correcciones topológicas en modo Batch.
  • Outros: xestión de Sistemas de Referencia Coordenados, exportar/importar WMC, scripting, xestión de traducións.

gvSIG Mobile editar

gvSIG Mobile é un Sistema de Información Xeográfica (SIG) orientado a dispositivos móbiles, ideal para proxectos de captura e actualización de datos en campo. Caracterízase por dispoñer dunha interface amigable, sendo capaz de acceder aos formatos máis comúns e conta cun amplo número de ferramentas SIG e GPS ideais para traballar con información de natureza xeográfica. gvSIG Mobile é tanto un Sistema de Información Xeográfica como un cliente de Infraestruturas de Datos Espaciais para dispositivos móbiles. É, ademais, o primeiro cliente destas características licenciado como software libre.

Funcionalidades gvSIG Mobile editar

En gvSIG Mobile atopamos as ferramentas propias dun completo cliente SIG para dispositivos móbiles, entre outras:

  • Acceso a formatos vectoriales: SHP, GML, KML, GPX.
  • Acceso a formatos ráster: ECW, JPEG, PNG, GIF.
  • Acceso a servizos remotos: OGC, (WMS).
  • Navegación: zooms, desprazamento, centrado automático.
  • Consulta: información, ver coordenadas, medir distancias, medir áreas.
  • Selección: por punto, por rectángulo, por atributos, borrar selección.
  • Procura: por atributo.
  • GPS: Conexión a GPS interno/externo, reproyección a UTM, waypoints, tracklog en formatos GPX e CSV, centrado en vista, parámetros de sinal, cálculo da distancia entre localización e punto de destino.
  • Edición gráfica: creación de puntos, liñas e polígonos.
  • Edición alfanumérica: formularios personalizados.
  • Representación vectorial: editor de símbolos, exportación a GML, KML e SHP.
  • Táboas: importar e exportar campos desde gvSIG Desktop.
  • Outros: portabilidade e integración de datos con gvSIG Desktop.

Extensións editar

Actualmente existen extensións creadas tanto polo equipo desenvolvedor como pola comunidade que agregan maiores funcionalidades ao sistema:

  • Extensións oficiais: espazo da web do proxecto que enlaza coas diferentes extensións oficiais.
  • Catálogo de Extensións non oficiais: espazo da web do proxecto onde a comunidade comparte os seus desenvolvementos.
  • Sextante. O Sistema Estremeño de Análise Territorial aporta ferramentas de análises raster e vectorial a gvSIG a través dun conxunto de máis de 200 extensións. A partir de gvSIG Desktop v.1.10 inclúese na instalación básica.
  • GRASS. Software de procesado de imaxes con funcións tanto raster como vectoriais. A través de Sextante pódense integrar as ferramentas de GRASS en gvSIG Desktop.

Notas editar

  1. É libre en si mesmo, pero require de software privativo para funcionar: http://www.miscelaneanatural.org/informatica/sig/la-trampa-del-java-o-por-que-gvsig-no-es-realmente-un-sig-libre Arquivado 21 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
  2. http://gvsig.softonic.com/ gvSIG - Descargar en Softonic.com
  3. http://www.gvsig.org/web/organization/quen-somos/quen-somos Quen somos - gvSIG

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar